Comilona do PP
O PP está deixando o nivel político deste concello polo chan. Non só se apropian dos servizos públicos para usalos na súa festa privada senon que ademais queren facer aos veciños e veciñas parvas coas súas excusas do protocolo e da envexa. Porque o protocolo de seguridade é so para as comilonas do PP e non para as demás festas veciñais? Ese protocolo de seguridade inclue que os bombeiros municipais ten que regar a carpa que cobixaba esta comilona privada para que esten mais fresquitos Arévalo e compañia? Igual é que habia moita xente abochornada polo espectaculo que deron. E o da envexa xa é de traca. Dirán tamén que criticamos a corrupción sistemica do seu partido só porque temos envexa dos millóns de euros roubados ao pobo que teñen en Suiza.