Concesión do transporte municipal de Mos que leva máis dun ano caducada, fóra da legalidade
O goberno do Partido Popular en Mos incumpre sistemáticamente as normas de contratación pública. Un exemplo disto é a contratación do servizo de transporte municipal , que foi concesionado en outubro de 2016 a empresa de transporte de viaxeiros «Servicio de Autobuses Lar, S.L», por prazo dun ano, e a pesares de transcurrir case outro ano dende que se extinguíu dita concesión, aínda non se voltou a licitar.
Esa é a tónica do Goberno de Nidia Arevalo: abusar da súa maioría absoluta no goberno, desprezar ós partidos da oposición e incumplir sistemáticamente as normas de contratación pública.