Viva a AREVALOCRACIA!
Non sabemos se é que révalo ten un grave deficit na súa capacidade de comprensión lectora ou que o seu é a maior interpretación torticera do reino. Ela vive na súa ArevaloCracia onde toda oposición só pode falar 5 minutos para todos os grupos políticos mentres ela non ten límite de tempo nin de número de intervencións, poidendo interrumpir e intervir cando lle peta. Por suposto que o regulamento non di iso. Establece 5 minutos por concelleiro/a para o seu conxunto de preguntas e non otorga a presidenta ou alcaldesa máis tempo nin número de intervencións que ao resto. Pero xa sabemos qué para Arévalo as leis estan feitas para o resto e non para ela.