Subestación eléctrica no parque infantil das Pozas
Hai un ano cando Arévalo anunciou que ían facer un parque infantil ao carón do Multiusos das Pozas avisámoslle que a beira desa parcela hai unha subestación de transformación eléctrica non soterrada e indicámoslle a necesidade de solicitarlle á compañía eléctrica que tomara as medidas pertinentes para paliar os efectos prexudiciais para a saúde. No pasado pleno preguntamoslle se fixeron algo ao respecto pero non se dignaron a contestar.