O queren todo, sen deixar nada.
Sabendo Arévalo que está soa; que nin á veciñanza, ni tan siquera o seu partido en Santiago a apoia, en vez de retirar e arquivar a Modificación do PXOM, segue adiante. Unha obcecación que non sabemos se é froito da súa incapacidade para escoitar á veciñanza ou que está comprometida moito máis do que parece con esta cacicada.
Ten que rematar xa este despropósito, as veciñas e veciños de Mos necesitan recobrar a tranquilidade e voltar a normalidade das súas vidas. Polo menos toda a tranquilidade que é posible cando vives nun Concello cuxo Goberno Municipal levou a máis absoluta ruína económica.