O consenso non se impoñe
Arévalo di que ela busca o “consenso” pero parece un xeito algo extrano de buscalo presentar un proxecto que pode mudar a faciana de Mos como un feito consumado sen consultar nin á veciñanza, nin as comunidades afectadas nin tan siquera á Comunidade de Montes propietaria dos terreos. Non parece que Arévalo se afane moito en atopar o consenso que anuncia cando as propias Comunidades de Auga denuncian continuados insultos e ameazas por parte dela e do seu equipo de goberno. Non se aprecia moita inteción de acadar dito consenso cando se fan manobras para impedir que os veciños e veciñas afectados poidan ter cabida no pleno.