Plan de Axuste Económico
Levamos desde primeiros de ano reclamando ao Partido Popular que fixera un novo Plan de Axuste Económico para enderezar o rumbo e saír da senda do déficit. Non fixeron caso e agora ao remate do ano teñen que facelo obrigados por lei ante a súa nefasta xestión económica. Unha vez máis o Goberno Municipal do Partido popular fai as cousas tarde, mal e a rastras.