1 ano despois triunfa a dignidade do pobo de Mos
Algúns están desexosos de rescribir a historia para agochar a súa complicidade neste pelotazo que atenta contra o noso Concello. Arévalo está tan comprometida e atada ao seu pelotazo urbanístico, tan deseperada que se agarra a un clavo ardendo e pensa que pode transformar a realidade mentindo e decindo agora que nós, que GañaMós, está a favor do seu pelotazo urbanisitco.
NON, nós non mudamos nin un ápice a nosa opinión. Un ano despois NON só seguimos estando en contra do deste pelotazo e atentado ecolóxico ADEMAIS certificamos que este disparate non ten recorrido por moito que de emperre o Partido Popular. O seu despropósito está morto e enterrado grazas a dignidade do pobo de Mos e a valentía de moitas e moitos comuneiros.