Graves deficiencias na rotonda da saída da A-55 en San Eleuterio
Hai case 5 anos Arévalo xunto coa, no seu día, ministra de Fomento fixeron «in situ» unha simulación de como quedaría a futura rotonda na saída da A-55 en San Eleuterio. Naquel día prometeron, ademais dunha execución inmediata, que dita rotonda ía a satisfacer todas as necesidades da veciñanza. 5 anos deopois, atopámonos cunha rotonda que carece na súa totalidade de beirarrúas nin siquera ten arcéns transitables e non hai nin un só paso de peóns. Ademáis os desmontes están sen asegurar e os vieiros que entroncan chegan cun trazado moi forzado sendo un risco para a seguridades vial pola súa sinuosidade e cambio de rasante. Unha construcción moi lonxe do anunciado sen que mediara alegación ou protesta coñecida do goberno municipal de Arévalo para remedialo.