PNL no Parlamento Galego contra o pelotazo urbanístico

Posted on Actualizado enn

 

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario de En Marea a través dos seus deputados Davide Rodríguez Estévez, Antón Sanchez García e Luís Villares Naveira ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A construción da nova cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo no monte veciñal e comunal de Tameiga, pertencente ao concello de Mos, Vigo, xunto cun centro comercial de grandes dimensións xerou protestas e mobilizacións entre a veciñanza do lugar e que deu lugar a creación dunha plataforma, que xa se posicionou desde o primeiro momento en contra, tanto do centro comercial como da cidade deportiva.

Así, a primeiros deste ano 2018, as novas daban conta da ocupación que afecta a 820.000 metros cadrados de superficie, das que 240.000 terían uso deportivo, 140.000 a área comercial e 5.000 prazas de aparcadoiro, e 330.000 nas que seconstruirá mediante reforestación un espazo natural de ocio. A nova cidade deportiva do Celta tramítase polo concello mediante a modificación puntual do plan de urbanismo. *Fotografía extraída do xornal Faro de Vigo.

Así a maior parte do monte quedaría en mans do Celta de Vigo, que pretende rentabilizar as instalacións deportivas coa construción dun centro comercial unha expropiación por parte dunha entidade privada de terreos a unha comunidade de montes en man común para o seu lucro persoal.

Os grandes centros comerciais afectan de xeito negativo ao pequeno comercio, formado na maior parte por autónomos e pequenas tendas do conxunto da área urbana das zonas colindantes. Así, todas as zonas comerciais de Bouzas, Calvario, Centro de Vigo, Teis, Casco Vello, Universidade e das Travesas da zona se resentirían, e tamén as dos concellos colindantes, amén de causar estragos no medioambiente sobre todo no referente aos recursos forestais da zona, nun proxecto cualificado de “baixo impacto medioambiental e non afección aos recursos hídricos”, é importante sinalar que ambos si que se verían afectados, máxime na construción e mantemento das instalacións deportivas (12 campos de fútbol).

O consumo medio de auga nun campo de fútbol en campo natural require dun caudal medio de 1l/s, por cada hectárea a regar. Este caudal, 1l/s supón 86.4 m3/día e 1m3 = 1.000 litros. Un campo ten aproximadamente 6.000 m2 de área (0,6 has) require 52.000 litros/día. Isto equivale ao consumo diario de auga de 380 persoas.

Nos campos de fútbol de campo artificial require 900 litros, o equivalente ao consumo diario de 7 persoas. O gasto en auga é evidente. As comunidades de augas de Petelos-Tameiga se han uníronse as de Casal-Tameiga, Sanguiñeda e Baxiña. 4 das 6 comunidades de augas xa mostraron a súa oposición á construción da zona comercial do Celta.

Porén, as diferentes instalacións de ocio e deportivas terán que contar con recursos de auga, que xa no ano pasado por estas datas se manifestará insuficiente, nun ano de seca, que serán recorrentes nas zonas máis cálidas como é toda a comarca do sur de Pontevedra.

Ademais destes inconvenientes, sinalar tamén a afección en canto a ruído da zona, posto que se incrementará a afluencia de vehículos, o aumento dos niveis de contaminación no aire e no medio ambiente por extensión.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario de EN MAREA presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a :

1.- Non aprobar a modificación puntual do planeamento do Concello de Mos coa que se pretende facilitar a realización do proxecto deportivo e comercial.

2.-Potenciar o pequeno e mediano comercio e a súa conservación e expansión.

3.-Manter os terreos coa vocación forestal e de lecer para que funcionalmentefaga parte do pulmón verde de Vigo, Mos e a súa área metropolitana

4.-Aprobar e publicar a estratexia para a execución da Infraestrutura Verde de  Galicia.

5.-Aprobar as directrices do paisaxe.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.