Debate no Parlamento Galego sobre a PNL de En Marea para rexeitar o pelotazo urbanístico en Mos
O deputado Antón Sánchez presentou hoxe no Parlamento Galego unha Proposición para rexeitar o pelotazo urbanístico nos montes de Mos. Increible que toda a defensa do conselleiro do PP sexa axitar unha foto da reunión de hai un ano nos Escudos. Nesa reunión estivemos ao igual que a Comunidade de Montes de Tameiga ou mesmo o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Fumos a esa e a todas as reunións onde poideramos recabar información sobre o proxecto e poder así discernir se este se trataba dunha boa inversión para Mos ou dun pelotazo urbanístico, pronto quedou claro que o que se tría entre mans Arévalo era un pelotazo de manual.