Inseguridade vial no nó de Ameiriolongo
Arévalo ten a pouca vergoña de presentar agora unha moción idéntica a que nos presentamos hai máis de dous anos e que no seu día eles vetaron e nin siquera nos deixaron levala a debater no pleno. Claro que daquela gobernaba en Madrid o seu partido e non querían molestar aos seus xefes. Incluso chegaron a decir que non era necesario ningunha actuación porque xa tiñan en marcha unha pasarela peonil que ía resolver todos os problemas. Chegaron incluso a anunciar que estaría en servizo en 2018. Ben, tres anos despois está demostrado que unha vez máis venderon fume as veciñas e veciños. Nin está a pasarela, nin se lle espera, nin está ía resolver todos os problemas de mobilidade da zona.