O Partido Popular volve a usar a Igualdade como mera propaganda
O Partido Popular volve a usar a Igualdade como mera propaganda sen logo dotala de medidas con contido. A Mesa contra a Violencia leva dous anos sen reunirse, da Comisión Municipal de igualdade que publicitaron nun acto no Multiusos nunca máis se xuntou, nin nada se sabe da mesma. A Guía de Linguaxe Inclusiva dormita no caixón do esquecemento de Arévalo igual que a nosa solicitude para que as forzas de seguridade de Mos teñan formación especial para atender ás vítimas. Este é o bagaxe real do Partido Popular contra a violencia machista, isto é o que queda cando se apagan os flashes: nada.