MOCIÓN: Apoio á folga feminista do 8 de marzo de 2019.

Posted on

MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE MOS APOIE A FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Raro é o día que non hai unha nova sobre algunha agresión, ameaza ou vulneración de dereitos cara as mulleres. Nos últimos 16 anos, 975 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas. A conclusión é clara: o machismo mata, mais os asasinatos de mulleres son a punta do iceberg, as manifestacións máis letais, pero son moitas as condutas, accións, omisións, etc. que tamén son expresións da violencia machista e reflicten que a desigualdade existente entre mulleres e homes segue presente, dende unha base estrutural: os esquemas machistas e patriarcais que inda imperan na nosa sociedade: A feminización da pobreza, a precarización das condicións laborais, os teitos de cristal, a cultura da violación ou os roles de xénero hexemónicos que limitan a capacidade de decisión das mulleres, por citar algúns exemplos, son tamén formas de violencia coas que todas convivimos.

Estas desigualdades maniféstanse en múltiples ámbitos e contextos, sendo nalgúns casos máis evidentes e noutros máis sutís ou invisivilizados. Por poñer algúns exemplos: no ámbito laboral son de destacar a fenda salarial entre xéneros (cunha diferenza dun 22%: mentras as mulleres cobran 15.730€ ao ano, os homes 20.243€)), o teito de cristal, a precariedade, o acoso e violencia no ámbito laboral. As mulleres representan o 65% da poboación mundial que, tendo acadado as idades previstas pola lexislación para percibir unha pensión de xubilación, non a reciben. No ámbito dos coidados, a carga desproporcionada de traballo non remunerado, ausencia de reparto equitativo de responsabilidades entre mulleres e homes, estereotipos, etc.

Cómpre mellorar as condicións laborais das mulleres, loitar contra as discriminacións, promover a implementación efectiva de medidas de conciliación e corresponsabilidade, esixir recursos e medidas para loitar contra a violencia machista, transformar a economía para un reparto xusto do emprego, o traballo dos coidados e a riqueza, recoñecer o dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos, etc. Queda moito por facer para chegar á igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

Constatando esta situación, rematar coas discriminacións e a desigualdade entre mulleres e homes non é so un deber ético, senón tamén un compromiso inaprazable ou débeda histórica coas mulleres, no que tódalas institucións e axentes implicados teñen que participar activamente, asumindo un rol activo na loita contra a desigualdade e a prol da equidade.

O pasado 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, tivo lugar unha mobilización histórica contra a desigualdade de xénero en todas as súas vertentes.

Por primeira vez no noso país, levábase a cabo unha folga feminista (de coidados, de consumo, estudantil e laboral), co obxectivo de visibilizar que se para o traballo produtivo e reprodutivo das mulleres, para o mundo, visibilizar os problemas que padecen as mulleres e reivindicar a igualdade real.

Os motivos para sumarse á folga sobran, como se pode observar tanto nesta moción como revisando documentación diversa. É preciso denunciar as desigualdades, discriminacións e violencias estruturais que sofre máis da metade da poboación (as mulleres), e reivindicar un novo modelo.

Non podemos consentir retrocesos e ameazas expresas como os que estamos a ver nestes momentos, onde as mulleres e os seus dereitos son empregados como moeda de cambio. A dereita e a extrema dereita non comezan polas mulleres ao azar: este tema da votos, porque o machismo e a misoxinia son transversais, e o feminismo é a maior forza contra eles, xa o dicía Simone de Beauvoir en 1949 no seu libro “El segundo sexo”: “non esquezades xamais que bastará unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan a ser cuestionados. Eses dereitos nunca se dan por adquiridos. Debedes permanecer vixiantes durante toda a vosa vida”.

A igualdade tamén debe rexer a acción política para avanzar nunha sociedade máis igualitaria e inclusiva. É unha cuestión esencial que nos concirne a todas e todos.

Por todo o exposto anteriormente, o grupo municipal GañaMós

ACORDA:

Instar ao Pleno do Concello de Mos a aprobar os seguintes acordos:

  •        ✔️Apoiar activamente a Folga Feminista do vindeiro 8 de marzo, así como tódolos eventos, reivindicacións e accións convocadas co mesmo obxectivo que a folga, antes e/ou despois da citada data, facilitando os medios dispoñibles dende o Concello para elo.
  •         ✔️Adoptar as medidas necesarias para garantir o exercicio do dereito de folga por parte de tódalas mulleres traballadoras municipais que se sumen á reivindicación.
  •         ✔️Elaborar desde o Concello unha declaración institucional en apoio á folga feminista do 8 de marzo.
  •         ✔️Colocar no Concello a bandeira feminista como acto simbólico de apoio á folga e ás reivindicacións prantexadas.     

Mos a 12 de febreiro de 2019

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.