Propostas para mellorar a atención aos nosos maiores
Unha máxima da nosa sociedade é coidar dos nosos maiores e ata agora desde o Gioberno Municipal se estivo facendo nada ou moi pouco para axudar as familias de Mos a atender as necesidades sociosanitarias dos seus maiores. Por iso seguimos traballando para converter parte das antigas instalacións do Hospital Psiquiátrico do Rebullón nun gran centro público de atención aos nosos maiores, Pero ademais deste gran centro creemos que é necesario de xeito complementario desenvolver programas de atención e activación para os maiores autónomos ou con apenas grado de dependencia polas parroquias en colaboración coas asociacións socioculturais.