Regulamento Primarias 2019

Posted on

     [ Regulamento Primarias 2019 ]      

 

Introdución

Este regulamento ten por obxecto organizar o  proceso electoral de primarias co fin de escoller os membros que formarán parte da Candidatura de  GañaMos A.V. que concurrirá ás próximas eleccións municipais de maio de 2019 no Concello Mos. Este Regulamento de Primarias busca cumprir os seguintes obxectivos:

Ser o representativo de todos os veciños e veciñas de Mos que queiran modificar a actual situación do Concello.

Que sexa completamente transparente en cada unha das súas fases.

Que oferte un trato igualitario a todas as persoas que desexen participar do proceso.

Estes serán os criterios que guíen tanto o presente Regulamento como os procesos de elección colectiva de GañaMós A.V.

Que estabreza os mecanismos para asegurase que as persoas que integren a lista sexan comprometidas cos valores que representa GañaMós e posuidoras dunha traxectoria persoal de implicación coa Xustiza Social.

Que estabreza o cumprimento dos requisitos necesarios para evitar o individualismo entre os candidatos. As individualidades que conformen a pluralidade desexada ten que estar sempre supeditadas ao interese e soberanía do colectivo, da asemblea que conforman todas e todos os membros de GañaMós.

1

Censo

📌 Participantes

A eleción de candidatas/os para formar parte da Candidatura  GañaMós Asemblea Veciñal (GM) será un proceso aberto a todas/s @as veciñas/os de Mos. Terá dereito a participar toda persoa maior de 16 anos residente no concello de Mos ou con forte vinculación a este municipio e que teña dereito a voto nas próximas elecións municipais de maio  no Concello de Mos; xustificarase no momento da votación mediante a presentación de algún dos seguintes documentos: DNI, Tarxeta de votantate do INE, Permiso de Circulación ou Certificado de empadroamento; non precisándose rexistro previo. Poderán participar sen xustificación domiciliaria aquelas persoas que teñan asistido a algunha Asemblea de GM e estén rexistradas como membros de GM. Así mesmo poden participar aquelas persoas que non tendo un documento xustificativo sexan avalados no momento da votación por 2 persoas rexistradas como membros de GM.

 Durante o proceso de votación presencial requirirase un compromiso de veracidade que garanta o anterior punto.

  GañaMós obrígase a manter a condición de segredo do voto e ao cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

📌 Elaboración do censo

As persoas Rexistradas como Colaboradores de GañaMoós Asemblea Veciñal figurarán nun Censo específico pola doble condición de avalista e votante.

Non se precisa rexistro previo para participar na elección de candidatura pero si xustificar a vinculación con Mos. O censo de votantes para as primarias de será GañaMós A.V. elaborado polo órgano de arbitraxe creado para organizar o proceso de votación rematando o prazo o mesmo día da votación.   

📌 Aspirantes

✓ Condición de candidata/o

Poderán ter a condición de candidatas e candidatos todas aquelas persoas que cumpran cos requisitos recollidos nos artigos 177 e 178 da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral.

✓ Requisitos básicos para a presentación dunha candidatura

As candidaturas estarán conformadas por equipos de 8  membros presentados en orden e concerto electoral. Son requisitos imprescindíbeis para a presentación de candidaturas  os seguintes:

Cada membro da candidatura debe ser asinante do CÓDIGO ETICO,  MANIFESTO E PROGRAMA de GañaMos Asemblea Veciñal ao presentarse e cumprir os requisitos que determinan a Lei e o Regulamento Interno deste proceso.

Todas e todos os membros de cada candidatura deben estar avalados en asemblea previa presencial pola maioría dos participantes de dita asemblea extraordinaria.

✓ Criterios de exclusión

Non posuirán a condición de elixíbeis as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

As persoas que carezcan do aval da asemblea GM.

As persoas que sexan representante nalgunha outra administración distinta do Concello de Mos.

As persoas que formen parte de candidaturas distintas a GañaMós A.V. que concorran ás eleccións municipais do mes de maio de 2019.

As persoas imputadas por delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.

As persoas en situación de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.

Nota: Entenderase por imputación xudicial a existencia dunha resolución motivada onde un xuíz estime a existencia de indicios racionais de delito.

✓ Compromisos asumidos pola persoa aspirante

Xustificar documentalmente a súa residencia ou vinvulación no municipio de Mos.

Asinar un compromiso de cumprimento do Código Ético e Manifesto.

Cumprimento estrito do presente Regulamento.

✓ Compromisos asumidos por GañaMós Asemblea Veciñal.

Trato igualitario na difusión das candidaturas.

Garantía de igualdade de oportunidades.

Respecto pola intimidade da persoa candidata, difundindo só os datos que desexe publicar e os meramente obrigatorios.

2

Modelo de candidatura

 

Só se recollerán as candidaturas conformadas por 8 membros e presentadas xa no orden de primeiro (alcaldable) a octavo que levaría na lista electoral e cumprindo xa os requisitos de paridade de xénero da lei electoral.

O resto dos membros que completarán a lista electoral ( do octavo ata o decimoséptimo e suplentes) serán escollidos posteriormente nunha asemblea de GM tendo en conta o  criterio de aumentar a diversidade territorial, xeneracional, social, cultural, laboral,…

           

3

Arbitraxe

 

📌 Organismo para a supervisión do proceso electoral

Crearase un órgano de supervisión do procedemento de primarias denominado Órgano de Arbitraxe Electoral. (OAE)

✓ Conformación do Órgano de Arbitraxe electoral

O órgano de arbitraxe estará conformado por 3 persoas, que serán elixidas na mesma asemblea extraordinaria de avales de GM entre as persoas rexistradas como membros de GM que non se presenten como candidatos.

✓ Funcións do Órgano de Arbitraxe Electoral

Garantir o cumprimento deste Regulamento.

 Facer cumprir o calendario aprobado no proceso de debate de GañaMós A.V.,

Garantir a igualdade de oportunidades durante o proceso de campaña.

Comprobar que as candidaturas presentadas cumpren os requisitos.

Resolver as distintas queixas, denuncias e irregularidades que se manifesten durante o proceso de primarias.

Interpretar baleiros do presente Regulamento.

✓ Mecanismo para a toma de decisión do Órgano de Arbitraxe Electoral

O órgano de arbitraxe adoptará as súas decisións por consenso, no caso de non acadar o devandito consenso se determinarán nunha asemblea posterior.

 

4

Campaña electoral

 

📌 Dereitos e deberes das persoas candidatas.

✓ Dos dereitos das persoas candidatas

As persoas candidatas teñen dereito a recibir un trato igualitario por parte de Dereito a acudir ante o Órgano de Arbitraxe para denunciar as irregularidades que considere gravosas para o proceso.

As candidaturas poderán presentar unha foto colectiva o individuais do seus membros máis unha breve presentación para ser incluida nas papeletas electorais ou en calquera outro documento que elabore GM para promocionar o proceso de primarias.

As candidaturas poderán presentarse publicamente por espazo non superior a 5 minutos antes da apertura da mesa de votacións no lugar onde se celebren estas.

✓ Dos deberes das persoas candidatas.

Deber de gardar o debido respecto polo resto de persoas candidatas dentro das mensaxes e actos de promoción da súa candidatura.

Deber de actuar acorde a este Regulamento e ás resolucións do Órgano de Arbitraxe Electoral e acatar os seu ditames ou en su defecto os da asemblea posterior.

📌 Garantías de igualdade de oportunidades

Está prohibida a difusión de candidaturas mediante publicidade en medios de comunicación nin redes sociais que non sexan as oficiais de GM.

GañaMós A.V., ofrecerá a todas as candidaturas presentadas o mesmo peso dentro da comunicación tanto interna como externa.

Estará prohibida a aparición en medios de comunicación públicos, privados ou comunitarios solicitando o voto.

Estará prohibida a edición de material propagandístico para a promoción dunha candidatura.

O Órgano de Arbitraxe Electoral emitirá unha serie de consideracións que serán recibidas por cada persoa candidata no momento de candidatarse para coñecer como pode levar a cabo a promoción da súa opción.

5

Calendario do proceso

 

1° Asemblea extraordinaria de GM para ratificar o regulamento de primarias e decretar a apertura das primarias poñendo datas, lugar e prazos a todo o proceso.

2° Asemblea extraordinaria de GM para escoller o Órgano de Arbitraxe electoral e votación para otorgar ou denegar o aval  da asemblea as candidaturas que se presenten e cumpran os requisitos.

3°  Día de votación.

4° Asemblea extraordinaria de GM para validar o proceso e dirimir calquera anomalía ou discrepancia. Nesta mesma asemblea faráse unha proposta non pechada do resto das persoas que configuraran a lista electoral desde o octavo ata o derradeiro.

5° Asemblea extraordinaria GM para conformación definitiva da lista electoral que concurra aos comicios municipais. A asemblea será soberana para facer as modificacións pertinentes que resolvan calquera continxencia ou dificultade que se presentará.  

6° Presentación pública da candidatura electoral.

        

5

Sistema de votación

 

📌 Sistemas de votación

Cada votante escollera co seu voto unha e só unha das candidaturas que aparezcan na papeleta de votación.

Saldrá gañadora a candidatura que máis votos válidos reciba.

✓ Respecto á igualdade de oportunidades e á pluralidade interna de GañaMós A.V.

Como resultado dos distintos debates internos, dinámicas colectivas e co obrigado compromiso de democratización, GañaMós servirase dun método de votación que estableza que o resultado do proceso de primarias internas sexa o máis representativo posíbel das distintas sensibilidades que hoxe a compoñen, e que favoreza a igualdade entre homes e mulleres e a distribución por parroquias.                   

6

Xornadas electorais

 

📌 Lugares e formas de votación

A votación levarase a cabo nun día a non ser que o Órgano electoral vexa convinte alongar o prazo no nesmo lugar ou noutro sempre buscando acadar máximo de participación dentro da garantía do proceso.

📌 Seguridade do proceso

O Órgano de Arbitraxe velará pola seguridade do proceso.

📌 Escrutinio

Os resultados publicaranse o último día da votación. Abrirase un prazo de alegacións de 2 días para realizar as alegacións que consideren.

 

7

Publicación e proclamación

da candidatura

📌 Aprobación dos resultados

A candidatura gañadora será presentada á Asemblea de GM polo Órgano de Arbitraxe xunto coas alegacións realizadas ao efecto. A Asemblea será o órgano soberano para  aprobar e proclamar a candidatura gañadora que encabezará a lista electoral. Se só se presentara unha sóa candidatura valida ás primarias, esta sería automaticamente escollida como candidatura electoral sen necesidade de realizar o procedemento de votación.

📌 Conformación da lista electoral completa

A  Asemblea designará os últimos 9 postos e suplentes para completar o listado da candidatura electoral tendo sempre como premisa dotar ás candidatura da maior diversidade posible.

✓ Soberanía da asemblea

A asemblea será soberana para facer as modificacións pertinentes na lista electoral que resolvan calquera continxencia, desavenencia ou dificultade que se presentará.  

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.