Andaina solidaria contra o Macro Centro Comercial
A participación da veciñanza de Mos na Andaina Solidaria de hoxe superou as expectativas, incluso as máis optimistas, máis de 300 persoas acompañaron esta xornada reivindicativa polos montes de Tameiga. O tempo aínda que nublado e aventando a chuvia respectou en todo momento. O roteiro transcurriu polo deslinde da zona de monte afectada evidenciando a grave afección que sufriría o monte de levarse a cabo o Macro Proxecto promovido por Arévalo e Mouriño. No camiño percorrido atopámonos con diversas captacións das distintas Comunidades de Traídas de Auga que abastécense das augas que captan os montes de Tameiga. Puidemos apreciar como moitos destos pozos aínda que non están dentro da demarcación da zona susceptible de ser recualificada, están tan preto da zona que é unha verdadeira temeridade asegurar que nunca van a verse afectados tal como aseveran os promotores do Macro Centro Comercial. Ao remate a maioría dos participantes da andaina solidaria quedaron ao xantar fraternal. Hoxe non é día de celebración para os que agardaban que os apoios das veciñas e veciños de Mos mermase co paso do tempo e coa intoxicación informativa propiciada polos promotores do pelotazo urbanístico. Hoxe quedou demostrado o sentir da veciñanza coa altísima participación nesta andaina solidaria na que ademais os participantes solidarizábanse coa causa cunha doazón de 5€. A marea verde contra o pelotazo urbanístico segue sendo unha marea viva de rexeitamento veciñal ao atentado ecolóxico e medioambiental que impulsan Arévalo e Mouriño.