Acta Asamblea Xeral 29-05-2015

Lugar:   Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas (Tameiga, Mos).

Data:     29/05/2015         Hora:    19:00

Asistencia:         30 simpatizantes

                              Roberto Carlos Rodríguez; Aurora Giráldez, Jose Alonso Carrera; Pablo Castro Represas; Xulio Souto Sanchéz; Cristóbal López Pazo; Román González; Pablo Vila Alonso; Francisco Troitiño; Soledad Lemos; Samuel Crespo; Jose A. Peréz; Miguel Ángel Rodríguez Alonso, Catalina Coya Soliño; Marcos Escudero Pérez; Marina Alcalde Cuña: Martín Vazquez; Denis Pérez Alonso; Brian Ferreira Troncoso; Jose Alonso Carrera; Eva Domínguez Santamaría; Antonio Cajide Serrano; Maria Begoña Porrrit; Susana Seijo Couselo; Juan J. Martín González; Raquel Domínguez Santervás; Gonzalo Peréz Vazquez; Manuel Rodriguez Campo; Manuel Iglesias Carballido; Manuel Rodríguez Alonso; Eloy Souto Carrera e Pablo Castro Represas.

A asemblea designa para oficiar como moderador Román González e a Cristóbal López Pazo como secretario redactor desta acta.

Orde do día estabrecido:

1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2.- Discusión borrador organización interna.

3.- Actualizar rexistro de inscritos.

4.- Exposición Balance de contas e refrendo da asemblea.

5.- Definir atribucións do Comite Permanente.

6.- Redifinir o equipo técnico e as suas áreas e respectivos responsables .

6.1- Comunicación

6.1.1- Prensa

6.1.2- Redes sociais

6.1.3- Comunicación interna

6.2- Tesoureria

6.3- Extensión

6.3.1- Enlace con SON

6.3.2- Enlace co resto dos partidos de Mos e asociacións

6.4 – Organización

6.- Análise dos resultados electorais.

7.- Confirmación da disponobilidade dxs candidatxs ó cargo e distribución sectorial do traballo de cada un deles.

Se incluye a petición de F. Troitiño na mesma asemblea o seguinte punto:

  • Decidir o protocolo a seguir no acto de constitución da corporación municipal
  • Iníciase a sesión lendo e aprobando unánimemente  o acta da anterior asemblea. Cristóbal López como redactor do borrador organizativo expón dito documento. Explícase e debátese o documento, pospoñendo pola sua complexidade para a seguinte asemblea a sua aprobación. Sobre este punto xurden a seguintes cuestións ou propostas:
  • Diferenciar entre asembleas pechadas so para os militantes e asembleas informativas abertas (aprobada).
  • Avanzar co consello sectorial e posponer o consello parroquial mentras non se teña  enlaces suficentes con todalas parroquias. Apúntase a necesidade de controlar ás novas incorporacións.
  • Non fixar unha porcentaxe de quorum para a toma de decisións na asemblea.
  • Non establecer ningún sistema organizativo  deixando total libertade os concelleiros.
  • Continuar cas asembleas nas asociacións veciñais o buscar un local dentro das nosas posibilidades económicas.

Repártense e cubrense os papeis para o rexistro de militantes.

Tamén posponse a exposición do balance de contas ante a dificultade de pechar xa o balance. Aprobase como marca a lei, abrir duas contas bancarias, unha para as achegas e outra para a operativa funcional. Decídese que sexan Gonzalo Peréz Vazquez; Miguel Ángel Rodríguez Alonso e Francisco V. Troitiño os titulares mancomunados das contas.

Engádese despois e votación a Román González á Comisión Permanente, deixando a definir as atribucións de dita comisión na vindeira asemblea dentro das deliberacións sobre o borrador organizativo.

Se redifine o equipo técnico ca integración de máis militantes

6.1- Comunicación

6.1.1- Prensa: Marcos Escudero; Marina Alcalde e Román González

6.1.2- Redes sociais: Cristóbal López; Aurora Giráldez; Brian Ferreira; Pablo Vila e Martín Vázquez

6.1.3- Comunicación interna: Cristóbal López

6.2- Tesoureria: Gonzálo Peréz e Finanzas: Antonio Cajide e Pablo Castro

6.3- Extensión: Cristóbal López; Román González; Marcos Escudero; Manolo Iglesias; Antonio Joao; Denis Crespo e Martín Crespo

6.4 Organización: Cristóbal López; Román González  e Roberto Rodríguez (a proposta de Troitiño apúntase a Raquel e a Javier).

Engádese aos seguintes grupos de traballo

6.5.- Video denuncia: Denis Crespo; Raquel Domínguez; Xulio Souto e Alex Maceiras

6.6.- Deseño propaganda: Catalina Coya Soliño

               – Fálase da necesidade de autoeditar un boletín informativo propio ante a situación actual da prensa.

               Con antelación a debatir o punto 7 da orde do día a candidata Susana Seijo  comunica a asemblea a sua renuncia o acta de concellala sendo Aurora Giráldez o seu relevo. Decídese deixar os catro concellais organizarse entre eles que sectores repártense e logo presentar dita repartición a asemblea para o seu refrendo. A colación debátese  e decídese que os concellais revirtan o partido a mitade dos ingresos que obteñan no exercicio do seu posto público. Esta medida considérase revisable unha vez que os concellais cuantifiquen gastos ocasionados polo exercicio dos seus cargos.

               – Vicente propón que a nosa posición para a celebración dos plenos municipais ten ser o cambio de lugar  (pazo de Mos) por outro edificio municipal (CDL ou Multiusos).

               – Celebrar asembleas abertas por tódalas parroquias e asembleas pechadas  para as que sería bo contar cun local de reunión propio.

               Como antepenúltimo punto do día valórase os resultados electorais. Coincídese en resaltar que os resultados son magníficos ainda que non alcanzan para conquerir un dos obxetivos marcados é decir desaloxar o PP do goberno municipal. Sinálase os resultados das mesas da parroquia de Mos e Louredo como os peores e tamén os da parroquia de Petelos sendo os dous primeiros da nosa candidatura residentes nesa parroquia. Tamén se consideran malos os resultados obtidos en Sanguiñeda .  Falase da necesidade de centrar esforzos nestas parroquias.

               Despois de votacións decídese que o discurso na envestidura dos nosos concellais deben encuadrarse no noso programa.

              Decídese o día mércores 17 de marzo as 20:00 horas para celebrarse a seguinte asemblea.

Fd. Cristóbal López Pazo