Acta Asemblea 23-05-2015

Lugar:   Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas (Tameiga, Mos).

Data: 23/05/2015        Hora: 15:30

Asistencia:      18 simpatizantes

                           Roberto Carlos Rodríguez; Aurora Giráldez, Jose Alonso Carrera; Pablo Castro Represas; Julio Souto Sanchéz; Cristóbal López Pazo; Román González; Pablo Vila; Francisco Troitiño; Soledad Lemos; Samuel Crespo; Javier Crespo; Miguel Ángel Rodríguez Alonso, Catalina Coya Soliño; Marcos Escudero Pérez; arina Alcalde Cuña: Martín Vazquez; Denis Pérez Alonso.

A asemblea designa para oficiar como moderador Román González e a Cristóbal López Pazo como secretario redactor desta acta.

Orde do día estabrecido:

  • Valoración da campaña realizada
  • Organización e formación dxs apoderadxs na víspera das votacións
  • Nomeamento dunha Portavocia únificada
  • Nomeamento dun Comite Permanente

Se incluye na mesma asemblea o seguinte punto:

  • Nomeamento dun equipo técnico que convoque a vindeira asemblea e o seu orde do dia, ademáis que redacte un protocolo organizativo dun sistema asembleario.

Iniciase a sesión falando sobre a campaña e a sua valoración según xs distintxs participantes. Unánime valorar moi positivamente o traballo realizado maxime cos condicionantes da falla de experiencia e carestía económica. Tamén ponse de relieve a cohesión alcanzada polo grupo. Roberto Carlos Rodríguez lembra que o inicio de campaña botaba en falla voluntarios pero que cos días foise revertindo a situación, tamén que os dous dias gastados na preparación dos sobres para correos restaron esforzos na pegada de carteis e buzoneo. Cristóbal López Pazo comenta tamen que pudose sair masivamente a rúa o inicio da campaña e non agardar ata segunda seman e que nas redes sociais si ben o alcance do twitter, web e sobre todo o facebook con case 7.000 visitas podese considerar exitoso botouse en falla a colaboración de muitos simpatizantes e mesmo de candidatxs.

Sobre o segundo punto da orde do día; organización e formación dxs apoderadxs recordaronse as instruccións facilitadas pola coalición SON. Troitiño evidencio as nefastas consecuencias de impugnar unha mesa se os resultados son favorables par nos e que ademáis pode ser unha estratexia dos partidos rivais xa que de repetirse a votación dunha mesa aillada a presión que poden exercer os partidos dominantes sobre xs veciños pode trastocalo resultado.

Nomease por unanimidade a Troitiño como portavocía única o mesmo tempo que se manifesta que a mensaxe a decide a asemblea alomenos as liñas básicas.

Despois de votación nomease a Roberto Carlos Rodríguez; Francisco Troitiño; Miguel Ángel Rodríguez Alonso; Jose Alonso Carrera e Catalina Coya Soliño como Comite Permanente coa encomenda de afinar o discurso da portavocía.

Como derradeiro punto do orde do día designase a Miguel Ángel Rodríguez Alonso; Román González e Cristóbal López Pazo para redactar o orde do día da vindeira asemblea e decidir dia, hora e lugar onde celebrala. Ademáis Cristóbal López Pazo proponse como redactor dun borrador de documento organizativo asembleario que sustituya os estatutos do partido instrumental e  asi dote a GañaMos  dunha organización horizontal. Lembrase da necesidade de completar oficialmente o censo de militantes/inscritos de GañaMos.

Asdo. Cristóbal López Pazo