Ás 21:00h no Salón do bar casa Gallardo
1- Elexir moderador e secretario
2- Lectura e aprobación se procede da acta anterior
3- Restructuracion do grupo municipal
Asisten: Cristóbal López, Roberto Rodríguez, Julio Souto, Alex Maceira, Miguel Alonso, Pablo Vila, Pablo Castro, Javier, Senén, Aurora Xiraldez, Román González e Pilar Portilla como ointe.
Sendo as 21:30,dase comezo a asamblea.
Roman ofrecese como moderador e aceptase por unanimidade,unha vez exerce como moderador da asamblea, incide en que todos os membros deben respetar os turnos de palabra,respetar os tempos de cada un,e non interferir cando un membro da asamblea este no uso da palabra.
Mentras se agarda a chegada de varios componentes da asamblea que avisan que chegan un pouquiño tarde,cristobal toma a palabra para propoñer que a dinámica de traballo volva a ser a dos comezos da lexislatura,facer a asamblea despois de cada pleno rotando polas diferentes asociacions,facendoas abertas a toda a veciñanza,
-Despois de Varios turnos de palabra, aprobase a proposta por unanimidade
Roman propon que o punto de restructuración do grupo municipal,sexa dividido en dous puntos importantes, en base o falado nos grupos de traballo anteriores.
1- Decidir si se saca un comunicado de prensa sobre a dimisión de troitiño ou non.
-Neste punto, despois de varios turnos de palabra, asamblea decide por maioria sacar un comunicado conxunto coa dimisión de troitiño e o que se decida sobre Pablo castro,e agardar o momento xusto en que Pablo Castro tome posesión da sua acta de concelleiro
2-Pablo Castro concelleiro de GañaMos si ou non
Comeza tomando a palabra Pablo Castro,por alusions,e logo de expresar o seu sentir do que el pensa que e GañaMos e o que lle gustaría que fora,comezan os turnos de palabra, no que a maioria expresa o sentir de desconfianza,falta de respeto a veciñanza e os compañeiros de asamblea,o oportunismo,e a maioria lle recorda que hai dous anos e medio que el presentou a sua dimisión como membro de GañaMos, algo que el afirma con toda seguridade,e tamen Roman lle di que durante estes dous anos e medio falou pestes a veciñanza sobre GañaMos e os seus membros.
Roman fai a proposta en firme de que,se el continua na sua actitude de querer coller a acta de concelleiro,que esta no seu dereito xa que esa acta e del o renunciar troitiño,a colla pero como non adscrito, nunca como concelleiro de GañaMos,volve coller a palabra Pablo Castro e e incide que el vai coller a acta sexa como sexa,e tamen di con toda claridade e rotundidade,”eu estou fora de GañaMos,o sei que eu presentei a miña dimisión”,”estou fora e seguirei fora”,”e vou coa miña acta o grupo de non adscritos”enton se lle pregunta que que fai ali que debería marcharse xa da asamblea,algo que fai despois de preguntarlle varias veces que que facia ali una vez que xa tomou a sua decisión de seguir fora de GañaMos.
Una vez que Pablo Castro abandoa a asamblea, Senen Fai aproposta se chamalo para que volva e sente a seguir falando, una proposta que se decide levar a votación saindo rechazada por maioria.acaba a asamblea tomando a decisión os presentes en seguir traballando con mais forza se cabe,para seguir coa boa dinámica de traballo que había nos últimos meses,e con mais implicacion de todos os membros do grupo de traballo.
Sendo as 23.15 o moderador da por rematada a asamblea
O secretario
Román González
Mos a 1/2/2018