Lugar: CSCD As Pediñas
Dia: Xoves 6 ás 21:00h
Participantes: 10 persoas
Orde do día:
✔️Nomear Moderador e Secretario e dar lectura e aprobación das actas anteriores.
✔️Exposición da labor dos Grupos de Traballo do organigrama abaixo exposto:
➖GT Organización interna
➖GT Comunicación
* redes
* prensa
* Boletín
➖GT Rúa
➖GT apoio labor institucional
* labor xeral
* cultura
* urbanismo
✔️Propostas da asemblea para os Grupos de traballo, para a organizacion interna, ou para a extratexia política e comunicativa
✔️Incorporacións aos Grupos de traballo (os GT son sempre abertos a participación de calquera simpatizante pero deben contar con un nucleo estable que lle de continuidade)
✔️Resumo pleno
✔️Novos asuntos para a vindeira reunión do GT institucional
A orde do día segue aberta a engadir ou modificar puntos
Resumo:
➖Exposición da labor dos Grupos de Traballo do organigrama abaixo exposto:
➖GT Comunicación
* Boletín: Acórdase que o seguinte boletín sexa despois do pleno de maio, e aproveitarase este boletín para facer publicidade da asemblea informativa do castro. Sobre o 10 de maio. O borrador estará listo sobre o día 20 de abril.
➖GT Rúa: Debátese sobre o éxito das charlas e acórdase facer un esforzo para a convocatoria da asamblea sobre o castro.
➖GT apoio labor institucional
* labor xeral: Roberto explica os problemas cos que nos atopamos xa que o concello agocha proxectos aos que non se nos dá acceso. Farase unha queixa por escrito e unha consecuente denuncia por redes e prensa.
* urbanismo: Troitiño presenta as novidades e avances do traballo do grupo.
➖Propostas da asemblea para os Grupos de traballo, para a organizacion interna, ou para a extratexia política e comunicativa.
➖Proposta de Roberto: ante expedientes e obras paralizadas polo concello, nota de prensa indicando o barrio no que ten lugar o expediente.
➖Rebullón: debátese sobre facer unha concentración no Rebullón invitanso aos partidos que apoiaron a moción. Non se chega a un resultado claro e a decisión posponse segundo vaian resolvéndose as cousas.
➖En Marea Baixo Miño: Troitiño explica o proceso e traballo deste grupo, e seguirá acudindo como representante de GañaMos á coordinación de En Marea Baixo Miño.
➖Resumo pleno: valórase moi positivamente a defensa da nosa moción e fálase de cómo reaccionar ante os cortes e faltas de respecto.
O secretario, Denis