Día da reunión: Venres 5 de febreiro de 2016.
Hora da reunión: 20:30 h.
Lugar: Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas, Avenida Rebullón, s/n.
Composición da mesa:
- Moderador/a: Cristóbal López Pazo.
- Secretario/a: Martín Vázquez Fernández
Asisten __14__ simpatizantes.
Sendo as __20:45___ horas do día indicado, damos comezo a reunión da asemblea de GañaMos Asemblea Veciñal para tratar a seguinte orde do día:
ORDEN DO DÍA:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Discusión do funcionamento orgánico de GañaMos:
- Funcionamento dos grupos e encaixe nas asembleas.
- Incrementar o número de asembleas
- Funcionamento da permanente.
- Toma de postura da asemblea ante a proposta das medias a tomar respecto do PXOM (exposición e votación). ALTA PRIORIDADE.
- Formación de moderadores (Martín).
- Rogos e preguntas.
- Fixar día e lugar para a seguinte asemblea a súa orde do día.
1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
Lectura da acta anterior a cargo do moderador e aprobación con tódolos votos a favor.
2.- Discusión do funcionamento orgánico de GañaMos.
Continuando co debate anterior do funcionamento orgánico da asemblea acórdase aprobar o seguinte:
- ASEMBLEAS XERAIS
– Último xoves/venres de mes, despois das comisións informativas dos concelleiros e antes do pleno.
– Aberta a todo o mundo, sexa membro da asemblea ou non.
– Reunirase toda a asemblea.
– fin é recibir información dos concelleiro, informar sobre o pleno e tomar decisións pertinentes.
– Convocatoria por e-mail e Whatsapp.
– Orde do día aberta con propostas por calquera membro da asemblea. Contactar co grupo de “Organización de asembleas” (coordinador Cristóbal).
– Voto só dos membros da asemblea.
Aprobado con tódolos votos a favor.
- XUNTANZAS SEMANAIS
– Martes ás 20:30 h (excepto o último martes de mes, que se celebrará a Asemblea Xeral).
– A convocatoria é aberta só ós membros da asemblea.
– Reuniranse, principalmente, o grupo “Permanente”, os coordinadores ou grupos de traballos, e as persoas interesadas en calquera dos temas que se tratará. A participación do grupo “Permanente” é obrigada en cada unha destas reunións.
– Trataranse temas de traballo e debates que impliquen os grupos de traballo e os concelleiros, previamente acordados, preparados, e difundidos a través da orde do día.
– Convocatoria por Whatsapp.
– Orde do día establecida polos concelleiros e polos grupos de traballo.
– Voto de tódolos asistentes (só membros da asemblea).
Aprobado con tódolos votos a favor.
Funcionamento da figura da “Permanente”. Características:
– Consta dos catro concelleiros (4), un responsable do grupo de prensa (1) e un responsable por cada grupo de traballo (4). Isto é 4+1+4: 9 membros.
– A súa función é tomar decisións urxentes, que non poidan ser tratadas nin nunha Xuntanza Semanal, nin nunha Asemblea Xeral por cuestión de calendario.
– As decisións que se tomen por calquera medio serán recollidas por escrito na seguinte acta que corresponda, ben da Asemblea Xeral, ben da Xuntanza Semanal. Unha acta que inclúa os acordos.
Votos a favor: 10
Votos en contra: 2
Abstencións: 2
- Toma de postura da asemblea ante a proposta das medias a tomar respecto do PXOM (exposición e votación). ALTA PRIORIDADE.
Despois do debate, acórdase que, segundo vexamos os ánimos da asemblea, procedamos a impulsar ou non a plataforma proposta.
- Formación de moderadores.
Martín renuncia a exposición do punto.
- Rogos e preguntas.
- Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día.
Queda fixada a seguinte asemblea para venres 25 de febreiro do 2016 ás 20:30 h no CSCD As Pedriñas. Orde do día non estipulada.
Excedido o tempo máximo de duración da asemblea e pospoñendo así os puntos que restan para a seguinte convocatoria, levántase a sesión sendo as __23:00___ horas do día citado, de todo o cal damos fe e firmamos a presente co visto e prace como secretario/a e moderador/a desta sesión.
- e pr. do MODERADOR e do SECRETARIO a ___ de _______ do 2016.
Fdo.: Fdo.: