Acta Asemblea Xeral 13-10-2016

Lugar: CSCD As Pedriñas

Dia: Xoves 13 ás 21:00h

Participantes: 15 persoas

Coa seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación acta anterior

2.- Exposición da labor dos grupos de traballo e da organización interna.

3.- Propostas da asamblea para os GT, para a organización interna ou para a estratexia política e comunicativa.

4.- Incorporación aos grupos de traballo.

Secretario (Paulo Peres), Moderador (Denís Pérez)

  1. Leese e aprobase o acta anterior.
  1. Explícase a labor dos grupos de traballo.
  1. Recollida e debate de propostas

3.1 A Asemblea propón diferentes accións para dinamizar máis o grupo de redes, e debátese sobre a política de publicacións do Facebook, aprobase dar visibilidade á axenda cultural que organizan o tecido asociativo de Mos.

3.2 A asemblea non considera as propostas de Troitiño sobre Redes e Prensa. Unha vez mais refrendase a organización vixente por U-T (Todas a prol menos Troitiño). Ademais rogaselle encarecidamente a Troitiño que respete e cumpla cos acordos acadados.

3.3 Tamén aparece a demanda dun maior contacto directo cos veciños nas diferentes parroquias.

  1. Incorpóranse a grupos de traballo os novos asistentes á asamblea.

Resumo acordos organizativos aprobados:

1.- Acórdase dar maior difusión a eventos culturais impulsados polos veciños, así como retomar a foto e vídeo-denuncia, para prover ao grupo de redes con máis material publicable sobre o concello.

2.-  Acórdase acudir máis a eventos dentro do concello, acompañar aos concelleiros a estes sempre que sexa posible e así, estar máis en contacto coa veciñanza.

Segundo o acordado a vindeira asemblea xeral se celebrará o primer xoves de novembro, é decir, o xoves 3.

Asdo. O secretario da sesión

Paulo Peres