Data e lugar: 25 de febreiro de 2015 no local AA VV de Petelos
Asistentes: 30
Obxetivos da asemblea:
Presentación dos promotores.
Exposición dos principios básicos.
Participación asemblea.
Necesidades parroquia de Petelos e do Concello.
1.Presentación dos promotores da asemblea:
2.Exposición dos principio básicos:
Transparencia. Control e fiscalización dos últimos mandatos, revisión da contratación de obras, servizos e persoal laboral adscrito o concello. Acceso dos veciños a información de calidade dos asuntos municipais.
Honestidade e responsabilidade.
Participación asemblearia. Os veciños terán oportunidade de participar nos asuntos de maior relevancia. Por exemplo na confección dos orzamentos
3. Participaciónna AsembleadeGañaMos.
Convidase na asemblea a sumarse a iniciativa para axudar na organización, e posteriormente confeccionar unha lista de candidatos aberta para que calquera poida ter acceso a mesma. Debate sobre a forma da votación da lista de candidatos. Conclusión presentar os membros e a xente implicada no proxecto votará libremente.
Requisitos dos participantes na candidatura: honestidade, honradez e lealdade.
Procurar apoios a iniciativa da agrupación electoral, no resto das parroquias. Recordase a necesidade de convidar familiares, amigos e coñecidos.
4. Apertura do debate.
Deficiencias na iluminación do túnel en fronte do Concello en dirección o xulgado de paz e gardería. Poste de tendido eléctrico, no medio do cruce de acceso a zo
na do instituto das Pozas. Saneamento. Deficiencias na parroquia de Petelos.
Críticas a gastos considerados superfluos polos veciños (piscina municipal de San Eleuterio ), mentres os servizosbásicos non chegan a totalidade dos veciños.
Críticaso cobro do saneamento cando non tes acceso o servizo. Sendas peonís. Recuperación de camiños agrarios e espazos de esparcimento dos Veciños.
Ex. De manipulación política no tema da concesión de subvencións. Presentouse proxecto por parte da AAVV de Petelos para habilitar camiño polo río. O proxecto tiñaun orzamento de 40.000€, pídese axuda do Concello eeste remite a Deputación. Esta concede axuda por valor de1500€. Cal a asociación veciñal debe renunciar a dita concesión por ser totalmente insuficiente. Obras ilegais. Desidia por parte do goberno actual en función do infractor.
Candidatura de GañaMos.
Debate sobre a forma de conformar as listas. Proponse lista de candidatos por orde alfabética e votos dos participantes da agrupación. Participación na votación d
a xente implicada na agrupación. Insistimos na necesidade de incorporar mulleres na candidatura. Suxerencia de convidar especificamente colectivos de mulleres.
Necesidade de habilitar mecanismos de mobilización e participación da veciñanza.
Próxima asemblea GañaMos.
Parroquia de Petelos
.
Local da AA VV no día sábado 07 de marzo. Pendente confirmar día e hora.