Acta Asemblea Xeral 29-01-2016

Día da reunión: Venres 29 de xaneiro de 2016.

Hora da reunión:  20:30

Lugar:  Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas, Avenida Rebullón, s/n.

Composición da mesa:

  •  Moderador/a: Román González Garrido
  •  Secretario/a:  Martín Vázquez Fernández

Asisten __21__ socios.

Sendo as __20:45___ horas do día indicado, damos comezo a reunión da asamblea de GañaMos Asemblea Veciñal para tratar a seguinte orde do día:

ORDEN DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  2. “Replantexamento do funcionamento orgánico de GañaMos. Qué e cómo queremos ser? (punto proposto pola comisión permanente).”
  3. Reorganización da Comisión Permanente.
  4. Grupos de traballo (punto proposto pola comisión permanente).
  5. Medidas a tomar sobre o PXOM (punto proposto pola comisión permanente).
  6. Dirección Redes Sociais e Prensa (punto proposto pola comisión permanente).
  7. Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día (punto proposto polo equipo de organización).

Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

Lectura da acta anterior a cargo do moderador e aprobación por 15 votos a favor e 2 abstencións.

Recóllese a proposta de Marcos Escudero de mellorar a redacción e a elaboración da acta.

Así mesmo, proponse a gravación da asemblea en audio como ferramenta para a elaboración da acta. Sen haber posicións contrarias a esta medida comézase a gravar a asemblea por parte do secretario Martín Vázquez ata o final da mesma.

  1. “Replantexamento do funcionamento orgánico de GañaMos. Qué e cómo queremos ser? (punto proposto pola comisión permanente).”

Cristobal López expón a dinámica que segue: trátase de separarse por grupos de cinco persoas a cargo dun moderador e responder a tres cuestións formuladas no momento. As respostas a estas preguntas serán debatidas nos grupos e recollidas nun papel para, posteriormente, seren sintetizadas en conxunto. Esta síntese será guía para a posterior discusión da asemblea.

Velaquí as conclusións recollidas ás diferentes preguntas:

1ª. Como che gustaría que fose GañaMos?

         Máis participativo

         Máis democrático

         Cun discurso máis contundente

         Rupturista: que non sexan nin funcionen como os demais.

         Máis “de esquerdas”

2ª.  Puntos fortes e fracos de GañaMos.

Fortes:

         Heteroxeneidade dos seus participantes.

         Obxectivo común.

Fracos:

         Falta de cohesión.

         Falta de comunicación.

         Falta de coordinación.

         Falta de compromiso.

         Funcionamento da permanente.

3ª.  Medidas para solucionar os problemas tendendo ó dito.

         Posta en funcionamento real dos grupos.

         Darlle un encaixe ós grupos nas asembleas.

         Programar máis asembleas.

         Reformular a figura da permanente.

Atendendo a este terceiro punto, e tendo en conta o dito con anterioridade, os ideais, os problemas e fortalezas do grupo, márcanse os temas a seguir suplindo así os puntos 3, 4 e 6:

         Discusión aberta e propostas para a posta en funcionamento real dos grupos.

         Discusión aberta e propostas sobre encaixe dos grupos nas asemblea.

         Discusión aberta e propostas sobre a realización de máis asembleas.

         Discusión aberta e propostas sobre a figura da permanente.

2.1  Discusión aberta e propostas para a posta en funcionamento real dos grupos.

Intervén Pablo Castro e remarca que o máis importante é definirnos politicamente: somos de esquerdas ou non? Resolvese que este non é o momento de tocar iso e continúase coa dinámica.

Houbo varias proposta que non se chegaron a votar nin a reunión o consenso claro da asemblea. Entre elas:

         Facer borrón e conta nova ante o nada operativo organigrama que hai ata o de agora. Que os coordinadores de cada grupo definan nun texto de cinco liñas a función do grupo, que especifiquen noutra parte o que esperan dos participantes dese grupo e que apunten os membros do seu grupo. Toda esta información que se presente ante o que agora se coñece como a “comisión permanente” para que teñan constancia dos grupos e que este documento se pase á militancia co obxectivo de informar e de dar oportunidade a posteriori. Proposta por Martín.

         Tomar a lista preexistente para tachar a xente inactiva e os grupos que xa non funcionan. Traballar sobre a base dos que queda e apuntar novamente a máis xente. Se é preciso explicando cal é a función de cada grupo. Proposta por Cristóbal.

         Tomar os grupos por sectores e adscribir a cada membro dos que agora están na asemblea a unha área. Proposto por Troitiño.

         Creación do grupo de “Rexistro” como grupo técnico para ir arquivando e organizando a información recompilada. Proposto por Troitiño.

 

Outros ideas que saíron no debate:

         Necesidade de que en cada grupo haxa un concelleiro, coordinador ou non.

         Necesidade da autonomía dos concelleiros que leven unha liña marcada pola asemblea.

         Necesidade da definición dos labores do grupo de traballo e das actividades que se lles pide.

         Necesidade de creación de grupos de apoio en certas áreas do concello.

         Necesidade de liberdade dos grupos á hora de propor cousas.

         Algúns grupos non foron convocados moitos pese a vontade de funcionar dos seus integrantes.

         Os grupos deben ser a base que rexa o traballo dos concelleiros. O traballo dos grupos debe marcar a decisión que se vaia tomar na asemblea.

         Os grupos hai que xuntalos para que non quede unha persoa en cada grupo.

         Os tempos do traballo dos grupos tennos que marcar o traballo deles mesmos, non os tempos dos demais partidos políticos.

         Temos que ter grupos de creación de contidos pero tamén de axuda ós concelleiros, de axuda urxente que poida xurdir das comisións informativas.

         Uso das redes sociais para pedir axuda e transmitir información para mellorar os grupos.

Cristóbal propón pechar a sesión e que os concelleiros adscritos acada grupo sectorial fagan un texto sobre de que se encarga o seu grupo e que se espera dos integrantes para a próxima asemblea.

Tras a proposta do receso da asemblea por excedernos do tempo Roberto propón saltar o punto 5 por urxencia. Decidimos que, dado que houbo xente que tivo que marchar, deixemos o punto 5 para a próxima asemblea e marcalo como urxente.

  1. Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día.

Queda fixada a seguinte asemblea para o vindeiro venres día 6 de febreiro do 2016 ás 20:30 h no CSCD As Pedriñas. Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  2. Discusión do funcionamento orgánico de GañaMos:
    1. Funcionamento dos grupos e encaixe nas asembleas.
    2. Incrementar o número de asembleas
    3. Funcionamento da permanente.
  3. Toma de postura da asemblea ante a proposta das medias a tomar respecto do PXOM (exposición e votación). ALTA PRIORIDADE.
  4. Rogos e preguntas.
  5. Fixar día e lugar para a seguinte asemblea a súa orde do día.

Excedido o tempo máximo de duración da asemblea e pospoñendo así os puntos que restan para a seguinte convocatoria, levántase a sesión sendo as __23:00___ horas do día citado, de todo o cal damos fe e firmamos a presente co visto e prace como secretario/a e moderador/a desta sesión.

  1. e pr. do MODERADOR e do SECRETARIO a  ___ de _______ do 2016.

Fdo.:                                                Fdo.: