Día da reunión: Martes 29 de febreiro de 2016.
Hora da reunión: 21:00 h.
Lugar: Bar Gallardo, Puxeiros.
Composición da mesa:
- Moderador/a: Roberto Rodríguez.
- Secretario/a: Martín Vázquez Fernández
Asisten __13__ simpatizantes.
Sendo as __21:15___ horas do día indicado, damos comezo a reunión da asemblea de GañaMos Asemblea Veciñal para tratar a seguinte orde do día:
ORDEN DO DÍA:
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior. (punto proposto pola organización)
- Fixar estratexia política institucional a longo prazo.
- Acordos da Xuntanza Intermareal.
- Conformar Grupos de Traballo e a composición da Comisión Permanente.
- Abordalas mocións que sexan presentadas pola vía de urxencia nos vindeiros días.
- Carencias, descoordinación e incompatibilidades dos concelleiros.
- Convocar para xa unha xuntanza cos veciños en Guizán (Plantel). Divulgar por notas colocadas nos lugares máis visibles da parroquia e axudarnos da megafonía si dispomos.
- Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día.
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
Aprobada por maioría sen obxeccións. Intervén un membro do grupo para pedir o libro de actas, o libro de contas e a ficha de afiliados. Respóndeselle que os dous últimos están en mans do tesoureiro e que non contamos con libros de actas se ben tódalas actas están a disposición do grupo en liña. Queda no aire a compra do libro e a forma de tomar actas.
Despois da lectura da acta decídese reestruturar a orde do día en función das necesidades prácticas, abordando primeiramente o punto 5, despois o 6, 3, 4 e 7.
- Abordalas mocións que sexan presentadas pola vía de urxencia nos vindeiros días.
Os concelleiros repártense as mocións para expor e comentan o resultados das comisións informativas que tiveron lugar dende a última reunión.
- Carencias, descoordinación e incompatibilidades dos concelleiros.
Pablo Castro fai unha exposición dos erros do grupo e pide a dimisión de dous concelleiros, Aurora Xiráldez e Fco. Troitiño. Da banda de A. X., alude ó incumprimento do código ético, no referente á pactos con outras asociacións, en relación a creación de “Mulleres x Mos”, así como a acumulación de cargos que efectuou dende a súa entrada no concello. No referente á F.T., pídese a súa dimisión por incumprimento de funcións como as de estar da rúa, alúdese a súa preferencia por outras actividades (relación coa prensa, etc.) no canto do contacto cos veciños. Así mesmo, alude ós atrancos que este concelleiro está a pór ó traballo dos grupos, en referencia a comentarios sobre o grupo do PXOM.
Despois disto intervén Julio, aludindo a falta de posta de funcionamento dos grupos e João para resaltar a falta de organización.
Dadas estas palabras ábrese a discusión. Román fai constar en acta que se a solución é facer dimitir cando non nos gusta o que vemos “o que se vaia de aquí son eu”. Despois de dar todos a opinión sobre o exposto e sobre as posibles solucións acordase o seguinte: facer unha votación para levar a seguinte Asemblea Xeral como punto específico unha moción de confianza para os dous concelleiros aludidos. Aceptado isto, os concelleiros implicados saen da sala para non interferir nas votacións. O resultado é: 5 votos a favor, 5 en contra e unha abstención. Tras rematar a votación Pablo Castro, impulsor da cuestión, abandona a sala por non estar de acordo co resultado. Ante o abandono do membro impulsor da cuestión decídese non repetir a votación, como era esperado, para ver se algún dos membros cambiaría o sentido do voto e dáse por pechado o tema.
- Continuar co artellamento dos grupos de traballo sectorial e da configuración da comisión permanente. (punto proposto pola organización).
Lense os diversos grupos e anótase xente que non se anotara. Acórdase que a próxima vez que se trate este punto será cunha dinámica de separar os grupos e poñelos a traballar na propia asemblea.
- Acordos da Xuntanza Intermareal.
Cristóbal pon ós asistentes ó tanto dos avances. Fai tamén un chamamento para entrar nos grupos de traballo.
- Convocar para xa unha xuntanza cos veciños en Guizán (Plantel). Divulgar por notas colocadas nos lugares máis visibles da parroquia e axudarnos da megafonía si dispomos.
Acórdanse unha serie de medidas para realizar a charla. Pegada de cartaces, persoa que contacte co Plantel, etc.
- Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día.
Queda a data sen fixar.
**Queda acordado, fóra da orde do día, que o grupo de whatsapp non é un medio de debate senón de información. O lugar para debater son as xuntanzas semanais ou as asembleas xerais, nas que incluír os puntos que se queira.
Excedido o tempo máximo de duración da asemblea e pospoñendo así os puntos que restan para a seguinte convocatoria, levántase a sesión sendo as __23:00___ horas do día citado, de todo o cal damos fe e firmamos a presente co visto e prace como secretario/a e moderador/a desta sesión.
- e pr. do MODERADOR e do SECRETARIO a _29_ de _marzo_ do 2016.