Lugar: Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas (Tameiga, Mos).
Data: 13/11/2015 Hora: 20:30
Asistencia: 23 simpatizantes
A asemblea designa para oficiar como moderador Raquel Do Orde do día establecido:
1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2.- Continuar discusión documento de organización interna
3.- Debatir e decidir se apoiamos como organización a Marea de cara ás eleccións estatais.
4.- Redacción do boletín.
5.- Detalle ingresos recibidos do Concello pola actividade ds nosxs concelleirxs.
6.- Balance de contas.
7- Petición de exposición de manera sucinta dos portavoces dos grupos, consellos, comite permanente e portavocía o traballo desenvolvido dende a derradeira asemblea.
8.- Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día
Despois da lectura e aprobación da acta da anterior asemblea comenzamos co punto 1 do orde do día.
Roberto lémbranos que o documento organizativo quedou aprobado na anterior asemblea polo que este punto se abre para discutir melloras non para unha nova valoración conxunta. A colación deste punto Troitiño di que fai falla xente para os grupos de traballo. Se debate a composición da permanente para a inclusión de duas persoas fixas máis.
Martin, Paulo, Javier e Vicente apuntan que a Comisión Permanente ou outro organismo da asemblea debería visitar e rotar por tódalas parroquias. Marcos e Cristóbal coinciden en que os grupos de traballo sectorial non estan funcionando agás prensa e redes.
Roberto reclama a participación de todxs para que non queden sos xs concelleirxs.
Deixamos o punto 2 para o final e entramos no 3, despois de expoñer Cristóbal o deseño mailo feito ata agora do boletin, polo servicio postal. Ivo opina que no boletín debe primarlo PXOM.
Ábrese un punto sobre o PXOM e decídese darlle continuidade o grupo de traballo correspondente.
Gonzalo o Tesoureiro detalla os gastos e ingresos. Troitiño exprlca o cobro de asistencia a comisións pola súa banda.
Detállase a relación dos grupos de traballo sectorial e dos de extensión pero non se chega a máis conclusión que é necesario aimplicación de máis xente.
Por último entramos a debatir se GañaMos se suma ou non á coalición En Marea. Despois dun longo debate onde se expoñen pros e contras facemos votacións e queda aprobado co resultado de 13 votos a prol e 6 en contra de participar na confluencia.
Rematamos a asemblea sen fixar data para a vindeira.
Asinado o secretario
Cristóbal López pazo