Acta Asemblea Xeral 17-06-2015

Lugar:   Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas (Tameiga, Mos).

Data: 17/06/2015      Hora: 20:00

Asistencia:      21 simpatizantes

                        Roberto Carlos Rodríguez Dasilva; Aurora Giráldez; Pablo Castro Represas; Xulio Souto Sánchez; Cristóbal López Pazo; Román González; Pablo Vila Alonso; Francisco Troitiño; Soledad Lemos Pereira; Samuel Rey Costa; Miguel Ángel Rodríguez Alonso; Marcos Escudero Pérez; Marina Alcalde Cuña; Denis Pérez Alonso;  Alejandro García Maceira ;Carlos Villar; Antonio Cajide Serrano; Gonzalo Pérez Vázquez; Manuel Rodríguez Alonso; Javier Crespo Márquez e Antonio Joao.

A asemblea designa para oficiar como moderador Román González e a Cristóbal López Pazo como secretario redactor desta acta.

Orde do día estabrecido:

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior. (punto proposto pola asemblea)

ligazón documento acta https://docs.google.com/document/d/1fmLynzCTjKXpifGWph-CuK8-Mx2oABpk2gRly3_be6A/edit

2.- Continuar discusión borrador organización interna. (punto proposto pola asemblea)

ligazón documento borrador organizativo https://docs.google.com/document/d/1_P9qghrrm8SK1ZM-p_GSliebOswhQaYvgoWVy2GdYvo/edit

3.- Redactar un regulamento para moderar o funcionamento inerno da asemblea.  (punto proposto por Cristóbal López)

ligazón borrador regulamento interno asemblea https://docs.google.com/document/d/1FolFgDbkHxvFttcKxT_zQLR_IWz_w_Tq5TqPLS-opPc/edit?usp=sharing

4.- Exposición Balance de contas e refrendo da asemblea. (punto proposto pola asemblea)

5.- Fixar día e lugar para a seguinte asemblea e o seu orde do día. (punto proposto por organización)

6.- Debatir e aprobar se da lugar o seguinte : «En toda expresión oral ou escrita dos representates de GañaMos Asemblea Veciñal, sempre que actúen en calidade de membros desta organización utilizarán o Idioma Galego.» (punto proposto por F. Troitiño)

7.- Definir a figura de «simpatizante activo» cos mesmos dereitos e deberes do militante pero sen selo de facto. Deste xeito damos encaixe orgánico xs compañeirxs que xa militaban con anterioridade noutros partidos que non permiten a dobre militancia. Deixar a denominación de simpatizante a secas para os recen achegados que provisionalmente teñen voz pero non voto. (punto proposto por Catalina Coya)

8.- Exposición para refrendo da asemblea das propostas dos nosos concellais o primeiro pleno do Concello. (punto proposto pola Comisión Permanente)

9.- Convocar á veciñanza de Mos a un acto no Multiusos previo o primer pleno do Concello. (punto proposto pola Comisión Permanente)

Dase lectura e aprobación o acta da anterior asemblea. Acto seguido entablase un debate sobre os modelos de asembleas. Discutimos sobre a necesidade de abrilas asembleas a toda veciñanza ou non, tamén si as asembleas ordinarias de maior contido organizativo deberían tiladarse de meramente reunión orgánicas. Compañeirxs opinan da necesidade de blindala asemblea cando se toman decisións sobre actividades ou asuntos que poden verse comprometidos por posibles filtracións. En contraposición outra parte dos asemblearixs expoñen como necesidade seguir abertos a participación da veciñanza aducindo que si ata o de agora funcionó para incorporar veciños porque non seguir nesa liña pero mantendose vixiantes. Comentase a posibilidade que calquer posible acción que poda verse comprometida pola transparencia podese operar dende unha estructura máis pequena coma a Comisión Permanente. Lembrase que no borrador organizativo xa se contempla un regulamento para a inclusión de novos adscritos a GañaMos, os cales deben de contar con dous avais de menbrxs da asemblea. Despois dun intenso, vivido e participativo debate que fan imposible reflexar aqui todalas intervencións, ten lugar unha votación sendo maioritario a opción continuista de manter abertas as asembleas con 12 votos a favor, 5 en contra e 4 abstencións.

O moderador, facendo uso da sua potestade, adiante e introduce o segundo punto do orde do día dando lectura o borrador de regulamento de funcionamento interno das asembleas quedando aprobado por unánimidade sen correccións ou enmendas.

Continuamos traballando no borrador de organización interna, aprobase sen votos en contra o sistema de convocatoria de asembleas extraordinarias, lembrar que as ordinarias as convoca a propia asemblea encargandose o equipo de organización fixar lugar, día e hora dentro das posibilidades.

Artigo 20,- Convocar asembleas extraordinarias (presenciais)

Poderá convocar asembleas extraordinarias:

  • A Portavocía.
  • Unha maioría simple do Consello Político Municipal
  • Un 10% do total do censo de inscritos de gañeMos.
  • Unha maioría simple de algún dous Consellos Parroquial ou Sectorial

Dentro do mesmo punto debatese a necesidade ou non de fixar un quórum mínimo para poder celebrarse as asembleas. Aprobase por votación (14 sies/ 4 nons / 3 abstencións) fixar un quórum mínimo do 25% para celebrar unha asemblea e tamén correxir o porcentaxe mínimo de ádscritos para convocar unha asemblea extraordinaria elevandolo do 10% ó 25%.

Abordamolo carto punto ca exposición do balance de gastos e ingresos ó cargo do noso Tesoureiro, o cal nos fai entrega dunha tabla de gastos/ingresos actualizada.

De xeito implícito aprobanse as contas pasando o ponto 8º onde  a protavocia da comisión permanente expón para refrendo da asemblea o plan de acción elaborado pola Comisión Permanente. Unha vez exposto e trás deliberacións e con votación final aprobase un plan de acción que engloba facer unha campaña mediática con prensa, un evento informativo  e ademáis unha moción no pleno buscando a complicidade do resto dos partidos da oposición. Para esto último acordase formalizar contactos por separado tanto co BNG coma co PSOE plantexandolles un acordo de mínimos. As revindicacións acordadas que dan contido o plan de acción son as seguintes:

  • Denuncialo elevado soldo da alcaldesa e solicitar unha reducción dun ⅓ de dito emolumento.
  • Trasladar esta mesma rebaixa dun 1/3 ós complementos por asistencia a plenos ou comisións ( inicialmente o plantexamento da C.P. era dun 50% pero despois de votacións igualase o punto anterior quedando tamén nun 33%).
  • Reclamar unha reordenación das áreas das comisións que posibilite unha reducción de 7 a 4 comisións por mes.
  • Denunciar a imposición da celebración dos plenos os lúns pola mañan queimposibilitan a participación dos traballadores en devanditos plenos. Solicitando o seu traslado ós xoves ás 20:00H.
  • Propoñer que todo o importe aforrado polas medidas antes expostas adicase a causas de rescate cidadán.

Acordamos a colación do punto noveno que a CP ou a Portavocía estaba autorizada según ó recen aprobado a convocar unha asamblea informativa cando millor convise según as circunstancias.

Para rematar e deixando puntos pendentes para abordar na vindeira asemblea o portavoz da CP declara as áreas agrupadas por concelleiro.

Miguel: Patrimonio; economía; facenda e urbanismo

Troitiño: Persoal; réxime interior e medioambente

Roberto: Cúltura; deportes; educación e emprego

Auri: Servizos públicos; participación cidadán e benestar social

Antes de disolvela asemblea encomendase o equipo de organización argallala vindeira semblea para un mercores a mesma hora a mediados do mes de xullo tendo en consideración para elo a data da posible celebración dunha asemblea informativa

Fdo. O Secretario

Cristóbal López Pazo