Lugar: CSCD As Pedriñas
Dia: Xoves 3 novembro ás 21:00h
Participantes: 15 persoas
Orde do día:
Nomear Moderador e Secretario:
- Lectura e aprobación das actas anteriores.
https://docs.google.com/document/d/1uj0C75yRgo46fK7nzRya3PQHapIiVqlqJj2Hu-Tu8NU/edit?usp=sharing
- Grupos de Traballo: exposición da labor desenvolvida e do estado da implementación dos acordos da asemblea
GT Organización interna
GT Comunicación
* redes + prensa + Boletín + Video denuncia
GT Rúa
GT apoio labor institucional
* labor xeral + cultura + urbanismo
3- Propostas da asemblea para os Grupos de traballo, para a organizacion interna, ou para a extratexia política e comunicativa
Aportacions particulares recibidas previamente:
3.1 Crear unha páxina Web como arquivo, punto de contacto e matriz comunicados
3.2- Englobar o grupo de video denuncia no grupo de Rúa
3.3- Restructurar a vocería do grupo municipal GañaMos, pasando esta a ser unha vocería coral cos 3 concelleiros : Miguel, Roberto e Auri deixando así liberdade ao voceiro sainte para realizar as suas teatralizacións ou pantomimas. Este debería anunciarse en prensa e redes para que fora efectivo. Poderiase incluir na portavocia coral a unha integrante da asemblea: Soledad, Marina ou Mónica e deste xeito reforzar o noso asamblearismo.
3.4- Conformar un Grupo de Traballo de Pantomimas, xa que parece que van a ser a tónica xeral polo menos realizalas en condicións e a cotio.
3.5- Información do grupo de urbanismo: Adxunto resumo.Anexo.Informacion do PXOM.
3.6- Tema redefinición de GañaMos e reorganización. Miña proposta: Asemblea extraordinaria (aberta a simpatizantes?) a maior brevedade ante a transcendecia (para min gravedade) de acontecementos internos.
Nomease a Cristóbal coma secretario e Denis como moderador.
Os voceiros dos grupos fan unha exposición sucinta da labor desenvolvida e do estado da implementación dos acordos da asemblea.
Aprobase a proposta 3.1 Crear unha páxina Web como arquivo, punto de contacto e matriz comunicados, por 5 votos a prol, 6 abstencións e 2 en contra.
Aprobase por unanimidade a proposta 2- Englobar o grupo de video denuncia no grupo de Rúa
Respecto a proposta 3.3- Restructurar a vocería do grupo municipal GañaMos, pasando esta a ser unha vocería coral cos 3 concelleiros : Miguel, Roberto e Auri deixando así liberdade ao voceiro sainte para realizar as suas teatralizacións ou pantomimas. Este debería anunciarse en prensa e redes para que fora efectivo. Poderiase incluir na portavocia coral a unha integrante da asemblea: Soledad, Marina ou Mónica e deste xeito reforzar o noso asamblearismo, despois de moitas deliberacións e votacións parciais decidese potenciar unha portavocia coral coa presenza dos concelleiros Roberto, Auri e Miguel como portavoces adxuntos, sendo cada un de eles voceiro do grupo municipal nas áreas nas que son responsables.
Respecto a proposta 3.4- Conformar un Grupo de Traballo de Pantomimas, xa que parece que van a ser a tónica xeral polo menos realizalas en condicións e a cotio. Aprobase dar lugar a este grupo dentro do GT de Rúa lembrando que calquer acción ten que ser aprobada pola asemblea ou alomenos nunha reunión dos martes
Asdo. O secretario da sesión