Resumo reunión GT Institucional 14-03-2017

Convocatoria: Martes 14 ás 21h no bar Gallardo.

Orde do día:

✔️nomear moderador e secretario

✔️+Mocións a presentar no vindeiro pleno.

✔️+ Rogos e Preguntas para presentar no vindeiro pleno.

✔️ Asuntos a estudar
➖ Escalera e obras nas Pozas.
➖ Visitar Anpas e outros colectivos
➖ Facer itinerante a asemblea mensual, difundila e facela aberta

✔️Seguimento asuntos en curso
➖Rebullón
➖Precariedade muro veigadaña
➖ Precariedade contratos auspiciados polos obradoiros
➖Nave Redphone
➖Casa Rectoral
➖ Informe facturas Abelmar

 

Acordos:

1. Mocións a presentar.

Presentarase a moción do mercado de verduras este mes.
2. Rogos e preguntas do pleno.

➖Axudas comedores escolares:
A cantos nenos alcanzou esta axuda o curso pasado?
Se teñen a estimación oportuna, a cantos alcanzará o curso actual?
Cal era o teito de gasto o ano pasada e que porcentaxe foi efectivo?
Se teñen a estimación oportuna, a mesma pregunta respecto o curso actual?

➖Cursos e excursións programadas polo concello:
Cantos cursos dos ofertados foron cancelado por non ter cuberto o mínimo de prazas?
Qué porcentaxe de ocupación teñen os cursos que se mantiveron en programación?
Cales son os criterios que segue o goberno para escoller a temática destos cursos?

 

3. Asuntos a estudar.

  •  Estrada das Pozas.

        Auri e Cristóbal estudarán o tema. Tamén se estudará o tema de por qué entran os coches no skatepark.

  • Visitar ANPAS.

        Acórdase organizar reunións coas ANPAS do concello.

  • Facer itinerante a asemblea mensual.

        Apróbase.

4. Seguimento asuntos en curso.

  • Rebullón.

        A moción xa foi aprobada en Cangas, Tui, Porriño e Mos. Faltan Gondomar, Mondariz, Redondela.

  • Muro da Veigadaña.
  • Contratos obradoiros. (PIE)

Roberto comparte co grupo o indagado e cal foi o resultado da comisión.

  • Nave Redphone.

Seguimos á espera da medición. Realizarase un vídeo-denuncia.

  • Casa reitoral.

Tamén se gravará un vídeo.

  • Duplicidade Abelmar

 

5. Máquina do fango.

Fálase de non entrar aos ataques persoalmente na páxina do PP, e de defenderse destes, se procede, dende o muro de GañaMos. Tamén, o grupo relaciona estes ataques ao dano que estamos facendo e tómase como unha sinal de que se están a facer as cousas ben.

6. Fora da orde do día

Trátase o tema de qué facer ante os expedientes de urbanismo. Atópanse aquí dúas opinións diferentes; facer unha denuncia global da xestión do concello ante estes expedientes, e solo seguir estes expedientes un por un.

 

Asdo. o secretario da sesión.

D. Denis