Resumo Reunión GT Institucional 19-10-2016

Martes 19 ás 21h no bar Gallardo.

Orde do día:

*Denuncia a Ivo.

*Traballador do concello detido.

* Vindeiras mocións para presentar no pleno:

– avda Peinador

– rotonda Sanguiñeda

– petición da Marea Atlántica

– mercado de verduras

– Castro Torroso

* Organización vindeira xuntanza parroquial.

* Concesión do transporte municipal.

* Presentación do grupo de traballo de urbanismo.

Comezamos a reunión coa exposición de Ivo dos feitos acaecidos na súa detención. Acordamos non realizar ningunha declaración ata que se ditamine sentencia.

Debátese o asunto do traballador do concello detido por abusos a menores e resólvese preguntar a secretaría do concello sobre as posibles accións legais.

Mocións:

Respecto á moción sobre o estado da avda. Peinador decídese falar co noso representante na deputación e propoñerlle que a presente el directamente.

Respecto a moción sobre a rotonda de Sanguiñeda apróbase presentala no vindeiro pleno.

Rexéitase presentar a moción segundo a petición da Marea Atlántica pola peculiar situación económica do noso concello.

Sobre a moción do Mercado de verduras apróbase preparar unha charla e artigos para o vindeiro boletín para así facer difusión e concienciación social antes de presentala.

Respecto a moción sobre o Castro de Torroso encoméndase a Marcos e Marina argallala para presentala no pleno que sexa conveniente.

Roberto expón que a vindeira xuntanza parroquial será en Ervile convidando á Asociación de Veciños e á Comunidade de Montes.

Sobre a concesión do servizo das liñas de autobuses acórdase estar atento a calquera incumprimento por parte da concesionaria.

asdo. o secretario da sesión

Cristóbal López