Día da reunión: martes 22 de marzo de 2016.
Hora da reunión: 20:30 h.
Lugar: Bar Gallardo.
Composición da mesa:
- Moderador/a: Paulo.
- Secretario/a: Cristóbal López Pazo
Asisten __11__ simpatizantes.
Sendo as __21:00___ horas do día indicado, damos comezo a reunión da asemblea de GañaMos Asemblea Veciñal para tratar a seguinte orde do día:
ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
1.1- Designar moderadora e secretaria
2.- Fixar estratexia política a logo prazo
3.- Acordar posicionamento nas comisións
4.-Conformar Grupos de Traballo e a composición da Comisión Permanente
Centramos a xuntanza semanal en acordalo posicionamento sobre as mocións do Psoe e o PP que presentaran mañan nas comisións de goberno. Tamén das preguntas que presentaremos no rexistro.
Ante de iniciar este punto, falase de organizarnos para enviar a información das comisións aos participantes nas xuntanzas semanais previamente a sua celebración
Achegovos os asuntos que se tratarán na próxima Comisión informativa de Promoción Económica e Emprego, os cales son nesta orde:
1.- Aprobación da acta da sesión anterior de data 25 de febreiro de 2016:
2.- Programa definitivo Obradoiro de emprego “Mos Verde”
- Proxecto Mos Verde
- Memoria Mos verde 2016.
3.- Programa definitivo Obradoiro de Emprego “Conciliamos”
- Memoria Dinamización tempo libre infantil e xuvenil 2016.
- Obradoiro madeira 2016.
Acordamos votar a PROL da moción do Psoe contra o acordo EU-Turquia para expulsar aos refuxiadxs
Acordamos votar a PROL da proposta do PP de destinar unha parcela para a escola municipal en Veigadaña.
Acordamos preguntar na comisión correspondente por máis información sobre os Obradoiros.
Acordamos votar a PROL da proposta do PP de expropiación da leira nas Pozas – Petelos propoñendo que a financiación sexa a cargo do presuposto de 2017 e non por vía extraxudicial.
Acordamos votar a ABSTENCIÓN na proposta do PP de Recoñecemento extarxudicial de facturas, non votando en contra porque hai aviso de corte de auga senon se pagan ditas facturas.
Acordamos votar a PROL da proposta do PP de poñelo nome de Patricia Martinez ao pavillón de CastroMos
Acordamos votar a PROL de rexistrala pregunta ao goberno municipal sobre aos ingerosos da alcaldesa pola Deputación de Pontevedra.
Acordamos votar a PROL de presentar unha moción para que se negocie cun veciño da Pozas o retranqueo do muro da sua finca por parte do goberno municipal.
Acordamos votar a PROL de rexistrala pregunta á alcaldesa sobre o seu falso curriculum universitario.
Acordamos votar a PROL voltar a rexistralas preguntas do mes pasado que estan sen repostar.
Acordamos convocala asemblea de finais de mes para o martes 29 debido a que o pleno é o mercores 30. Arrastrando para dito pleno os puntos:
2.- Fixar estratexia política a logo prazo
4.-Conformar Grupos de Traballo e a composición da Comisión Permanente
Ademáis de abordalas mocións que sexan presentadas pola vía de urxencia nestes vindeiros días.
Mos a 23 de marzo de 2016
Asinado Cristóbal López