Martes 25 ÁS 21h no bar Gallardo.
Orde do día:
* lectura acta anterior
https://docs.google.com/document/d/1x4Y2gw9o0pI0tBBorTvAWmW7p33nJbjo-7wUOWWfz3I/edit?usp=sharing
* informe pleno/comisións
* estado negociación Monte Faquiña
* actualidade affaire Costoias
* páxina web
* grupo video demanda
* movementos de terras, empresa «MECA» en dornelas
- Lectura e aprovación da acta anterior.
- Trátase a orde do día do pleno:
-Acórdase votar a favor da modificación da ordenanza municipal de medioambiente.
-Acórdase absterse na aprovación da modificación de crédito así como do recoécemento extraxudicial de crédito.
-Acórdase votar a favor da adhesión á Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias.
-Acórdase votar a favor da inclusión no inventario dos camións de recollida de lixo.
-Acórdase a abstención na moción do PP relacionada coas escolas de música.
-Acórdase a abstención na moción do PP relacionada con Asodifisi, así como a posibilidade de ter unha reunión con responsables desta asociación.
- Acórdase pedir factura do arquitecto nas obras da casa do cura de petelos??.
- Miguel informa sobre como foron as negociacións ebtre o concello e a comunidade de montes polo monte faquiña. O que se resolve con 5 anos ao 50% para cada parte.
- Acórdase levar á asamblea a creación dunha páxina web.
- Pospónse o asunto dos movementos de terras, empresa “Meca” en Dornelas.