Lugar: Gallardo
Dia: martes 3 ás 21:00h
Participantes: 8
Orden do dia:
Nomear Secretario e moderador e leela acta anterior
- Resumo acordos do intermareal
- Organizar, manifestación da sanidade.
- Mocións
- Demanda de redphone a GañaMos.
- Reunións a organizar cas asociacións .
Proposta dende o intermareal para moción ou nota prensa sobre a sanidade é a mani do 12m
Acta Xuntanza Semanal 3-5-16
As asistentes ao encontro Intermareal do Porriño, Auri e Cristóbal, resumen as propostas de colaboración intermunicipal entre as mareas de Pontecedra Sur, para compartir, difundir e apoiar conxuntamente mocións, propostas e actividades. Aprobase a colaboración e o proposto dende o plenario do intermareal.
Acordase contratar un autobús que faga duas viaxes (aprox. 170€) para trasladar a 100 veciñas ata Vigo a manifestación SOS Sanidade do día 12. O servicio será gratuito e a cargo de GañaMos.
Mantense as 3 mocións non presentadas no anterior pleno e engadese a moción tipo de SOS Sanidade que propón o plenario do intermareal como moción conxunta.
Miguel fainos unha exposición das implicacións da demanda interposta contra GañaMos por Redphone. Advirte a necesidade de ter coidado nas publicacións, para non mencionar a terceiros.
Acordase voltar a organizar unha xuntanza en Pereiras seguindo o modelo de Guizán.
Fdo. O secretario