Sin categoría

Moción para que o Concello de Mos se adhiera ao Espazo de transparencia local habilitado pola Xunta.

Posted on Actualizado enn

Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bon goberno, é do obrigado cumprimento para as entidades locais desde decembro de 2015. Para elo o Concello de Mos ten que crear un PORTAL DA TRANSPARENCIA.

A Xunta de Galicia ten un “Espazo de transparencia local” que é un Espazo web que a Xunta pon a disposición das Entidades locais co obxectivo de que poidan ampliar a transparencia da súa actividade pública e que aglutina dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso determinado tipo de información.

Este espazo de transparencia nace co obxectivo de ampliar a transparencia da actividade pública dos Entes Locais, que é o primeiro dos piares da lei. Nel se aglutina determinado tipo de información actualizada referida a actividade dos mesmos, facilitando así a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso.

Esta información atopase clasificada nas seguintes seccións:

  1. Institución, organización, planificación e persoal
  2. Altos cargos e persoal directivo
  3. Xurídica e patrimonial
  4. Contratación, convenios e subvencións
  5. Económica, financeira e orzamentaria
  6. Servizos e procedementos

Tecnicamente trátase dunha plataforma en modelo Cloud adaptada ao RD Lex 3/2011 e á Lei 11/2007, garantindo o cumprimento dos máximos estándares de seguridade e LOPD.

Para subscribirse a dito servizo é necesario (Segundo se me informou telefonicamente é inmediato e gratuito)

1 – Cumprimentar e asinar polo Alcalde/sa ou Presidente/Presidenta da entidade a solicitude de alta que figura nesta páxina no apartado “Contido relacionado” e remitila ao CAU (cau-periferico@xunta.es ou fax: 981 545452).

2 – Unha vez recibida a solicitude na Xunta, os administradores do portal EidoLocal lle asignará o permiso de “Transparencia” (que permite a edición do espazo de transparencia da entidade local) aos usuarios alcalde/sa e secretario/a da entidade local, os cales poderán editar o contido do espazo ou asignarlle o permiso a outros usuarios da súa entidade local (a través da xestión de usuarios do portal) para que xestionen eles o espazo.

3 – O espazo de transparencia da entidade local non será público (visible na parte pública de Eidolocal) ata que, unha vez cargada a información pola entidade local no seu espazo transparencia de Eidolocal, a entidade o solicite ao CAU mediante modelo dispoñible nesta páxina no apartado «Contido relacionado»

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal Gañamos solicita ao Concello de Mos, que inicie as accións oportunas para (se é posible) subscribirse a dito servizo, xa que suporía (segundo a información recibida) un importante aforro para as arcas do Concello, que en definitiva son de toda a veciñanza.

Comunicado: O perigo vial das múltiples estradas locais sen reparar.

Posted on Actualizado enn

As estradas locais de Mos ainda representan un perigo para a circulación depois de transcurridos tres meses dos danos producidos pola riada.

Sabido é que a riada do mes de febreiro produceu danos en varias estradas locais de Mos. O Goberno de Mos afirmou que iba a realizar xestión urxentes e tomar medidas para reparar ditas estradas, pero os danos causados nas estradas estan sen subsanar na maioría dos casos (Camiño de Bosende,  Estrada da Autovía, rúa Generoso Domínguez, …) e ademais deteriorouse a sinalización de perigo inicialmente posta, pero non mantida correctamente.

Resulta icomprensíbel que despois de tanta visita a Mos de autoridades da Xunta e incluso da propia ministra Ana Pastor, quen afirmou o 21 de febreiro: ” Fomento vai acelerar os traballos para paliar as consecuencias da tormenta que afectou varios municipios da rexión. Anunciou que o seu departamento tratadas polo proceso de urxencia practicamente todas as obras necesarias para arranxar os danos causados pola tormenta na provincia de Pontevedra, a fin de acurtar o tempo de execución.”

As medidas tomadas son claramente insuficientes para garantir unha circulación segura nos viais deste concello, o cal é unha obriga fundamental que incumple o Goberno de Mos.

O Grupo GañaMos insta e demanda  ao Goberno que tome en serio este problema e faga seguras as vías de Mos antes de  que ocurra unha traxedia.

Moción para a creación dun refuxio e máis un servizo de recollida municipais de animais abandonados.

Posted on Actualizado enn

Seguro que non nos trabucaremos se pensamos que tódolos/as concelleiros/as compartimos un amplo consenso de que o mandato que nos encargou a veciñanza de Mos consiste basicamente en resolver os problemas dentro do marco legal establecido.

Desgraciadamente temos que evidenciar que isto non se está cumprindo con respecto á recollida e protección dos animais abandonados.  Certo que existe un convenio asinado polo goberno municipal coa Deputación de Pontevedra en colaboración coa empresa  Tragsatec a través do MAGRAMA, que remata concretándose no CAAN ubicado en Armenteira – Meis e xestionado por outra empresa distinta da primeira. Pero non é menos certo que dito convenio resulta a todas luces moi deficiente, apenas una mera formalidade para non incumprir palmariamente a lei 1/93 do 13/14/93 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de ámbito autonómico.
É tan evidente a insuficiencia deste servizo que ata a mesma empresa recoñece que está desbordada, segundo informa o correspondente xefe de servizo da Deputación. Ademais, na practica, este servizo redúcese á captura de cans e o seu inmediato traslado ao centro de Meis, excluíndo ao resto de animais de compañía. A todo isto debemos engadir as queixas e demandas dos/as veciños/as que teñen que trasladarse ata Meis cando queren recuperar a súa mascota extraviada, xa que non se lles notifica a captura antes do traslado.

Somos coñecedores da situación delicada do erario do noso concello, pero entendemos que descontada a inversión inicial, os custos deste servizo serán menores que manter o convenio actual, o cal claramente ten un coste á alza (como denota a derradeira subida da cota a aportar polos municipios), e estando dito servizo conveniado tan distante non satisface de forma eficaz  as necesidades do concello.

Tanto o esforzo inversor coma o custo de mantemento anual do servizo poden verse reducidos se aplicamos as experiencias doutros concellos nos cales a xestión do refuxio e do servizo de captura pode auto xestionase dende o voluntariado (que tamén obtén ingresos para axudar a sufragar o servizo a través de doazóns de particulares), ou mesmo de concellos nos que se acadaron convenios coas comunidades de montes para ubicar estes refuxios de animais abandonados nos seus terreos. Dentro do ámbito educativo, as visitas dos nosos escolares ao refuxio poden conseguir entrañables experiencias vitais para eles.

Abondaría como único argumento para actuar en Mos,lembrar,  entre outros, algúns  artigos  da Declaración universal dos dereitos dos animais: Londres, 23 de setembro de 1977 adoptada pola ONU
Artigo 6.
a) Calquera animal que o home escolleu como compañeiro ten dereito a que a duración da súa vida está de acordo coa súa lonxevidade natural.
Artigo 11.
Todo acto que implique a morte dun animal é un  biocidio, é dicir, un crime contra a vida.

En base ó exposto,  e tendo en conta, ademais, que existen Organizacións Non Gubernamentais despostas a colaborar co persoal do Concello no diseño dun novo Plan de Proteción de Animais  en Mos, presenta esta moción  para que polo PLENO MUNICIPAL se acorde:

O  Goberno de Mos, nun prazo máximo de 6 meses: levará  a cabo a construción dun centro refuxio de animais e un servizo de recollida municipal sito en Mos .

 
Mos a dia 12 de  de febreiro de 2016

Moción para declarar Mos vila libre de circos con animais.

Posted on Actualizado enn

A cuestión do respeto cara os animais levou a cidadanía a demandar novas accións en diferentes eidos normativos. O uso de animais en espectáculos é, quizáis, un dos aspectos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, nomeadamente os circos, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna silvestre.

A vida destes animais nos circos caracterízase polo illamento, o castigo, o medo e o cativero. As exhibicións de animais nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os espectáculos circenses non amosen conductas de violencia explícita á vista dos espectadores, os actos que os animais teñen que realizar durante toda a súa vida son antinaturais e para obligarlles a comportarse deste xeito contrario á súa natureza sométense a violentos métodos de adestramento baseados no castigo físico, a privación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres.

Os animais que viven nos circos están obrigados a permanecer o resto da súa vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadenados en camións de traslado, negando calqueira posibilidade de satisfacción das súas necesidades etolóxicas e naturais. A atureza transitoria dos circos e a vida constante de confinamentp, privación de estimulación e frustación da fauna, conduce aos animais a estados neuróticos e comportamentos repetitivos “estereotipados”, como balancear a cabeza ou corpo, movementos circulares dentro das gaiolas e ata automutilacións.

Estes trastornos psicolóxicos chegan a provocar reaccións violentas que poden causar graves riscos para as persoas en caso de accidente, extremo que sucedeu en numerosas ocasións ao longo dos últimos anos.

Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos en base á súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e as condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas.

Os circos usan aos animais como reclamo do público infantil. Cremos que os pequenos e pequenas deste país, a Sociedade do futuro, merecen unha educación baseada en valores que inclúan o respeto cara os seres vivos e o entorno.

E por iso que propomos:

  1. Que o Concello de MOS non autorice nen promova ou ampare a instalación de circos con animais no termo municipal.
  2. Declarar o Concello de MOS Vila libre de circos con animais.
  3. Que o Concello de MOS  non permita a instalación de publicidade de

espectáculos circenses con animais no termo municipal.

4. Notificar este acordo á Xunta de Galicia, aos grupos do Parlamento de Galicia e a Asociación Animalista Libera.

Moción Día Internacional da muller.

Posted on Actualizado enn

A poboación feminina mosense tivo, ten e terá un peso e importancia no desenvolvemento tanto social, coma económico e cultural da nosa localidade. O grupo municipal GañaMos  polo día internacional da muller e para debate non pleno do 29 de febreiro  presenta a seguinte moción:

O concepto de conciliación incorpórase á linguaxe laboral nas últimas décadas do século XX, consecuencia da demanda xeneralizada da man de obra feminina tras a masiva incorporación das mulleres ao emprego remunerado, sen que a sociedade resolvese a histórica e discriminatoria distribución de tarefas entre sexos.

A perpetuación da discriminación laboral das mulleres, que segue penalizada nun mercado laboral incapaz de adaptarse a un modelo social igualitario e que serve para forzalas a aceptar peores condicións de traballo, é un gran déficit nas aspiracións de benestar social, que non é máis que a suma do benestar persoal e familiar.

Este benestar social, evidentemente, ten un custo que debe ser asumido por un Estado que se configura como social e democrático de Dereito, con impostos sobre o capital e os beneficios como forma de redistribuír a riqueza e devolver ás persoas traballadoras a súa contribución á xeración desa riqueza. O que en ningún caso pode seguir ocorrendo é que o benestar nas familias siga recaendo sobre as costas da metade da poboación, só porque teñan a capacidade de procrear.

As políticas pactadas polo PP, como a reforma laboral aprobada en 2012 e a altísima taxa de desemprego no noso país xa permitiron podar a maioría dos dereitos e protección legal dos e as traballadoras conquistada ao longo do século XX. Non hai que recorrer a moitas investigacións para saber que, unha vez máis, as principais prexudicadas deste proceso van ser as mulleres.

Os recortes na loita contra a violencia machista .Estes recortes tiveron e teñen consecuencias directas sobre as vidas e as mortes de todas as mulleres  maltratadas e asasinadas, así como de todas as crianzas orfas e infancias destruídas a causa destes recortes por parte do PP dende novembro de 2011.

O GRUPO DE GAÑAMOS PROPON O PLENO OS SEQUINTES ACORDOS :

Ó concello:

  • A creación da CASA DA MULLER, espazo que ofreza  refuxio indefinido e axuda a aquelas mulleres e crianzas vítimas de violencia machista non Concello.
  • Eliminación e condena do machismo en todas as actuacións e servizos de competencia municipal, na actividade cultural, e na organización de festexos no Concello.
  • Medidas para a promoción da iguade destinadas a toda a cidadanía, obradoiros, formación, difusión escrita, etc. Tendo como obxectivo prioritario que ou Feminismo chegue a todos os fogares e centros de traballo de Mos.
  • Ampliación dous recursos persoais e materiais para combater ou machismo neste Concello, aumentando as partidas destinadas á  prevención e a atención xurídica, social e psicolóxica das vítimas de violencia machista.
  • Atención especial ás mulleres con discriminación múltiple e outros colectivos agredidos pola violencia machista, como persoas con diversidade sexual, migrantes, con diversidade funcional, en situación de desemprego ou dependentes, e non incorrer na vitimización múltiple nos procesos de atención.
  • Incrementos dos servicios públicos de coidados (gardarías, centros  de día).

INSTAR O GOBERNO E XUNTA :

  • Medidas reais de conciliación laboral e familiar. Solicitamos a derrogación da reforma laboral xa que carece de medidas activas de conciliación familiar, fenda salarial, teito de cristal e outras inxustizas padecidas polas mulleres traballadoras e demandantes de emprego.
  • Que a loita contra ou terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.
  • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo ou persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.
  • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou ex parella como as agresións sexuais, ou acoso sexual non ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e meniñas e todas as violencias machistas.

Moción sobre a asistencia aos actos relixiosos en representación oficial.

Posted on Actualizado enn

MOCIÓN SOBRE A ASISTENCIA DA CORPORACIÓN EN REPRESENTACIÓN OFICIAL AOS ACTOS RELIXIOSOS

“O artigo 16.3 da Constitución establece que ‘’ningunha confesión terá carácter estatal’’, cuestión que pensamos hai que ter presente na tradición relixiosa asociada en maior ou menor medida a moitas festas locais e patronais de Mos.

Lexitimamente dentro do programa de moitas festas inclúese habitualmente algún tipo de cerimonia relixiosa. Outra cousa ben diferente é o rango que se lle dea en dito acto relixioso ao papel que nel deban xogar os cargos públicos, representantes dunha administración que debe actuar con imparcialidade, aconfesionalidade e sometemento pleno á Lei e ao Dereito.

Non se trata de impedir que os concelleiros que profesen algunha relixión vaian, en virtude ás súas crenzas, a esa cerimonia, senón de que a »Corporación Municipal», como tal, teña presenza nun rito relixioso, e que ademais deba xogar un papel determinado ou acudir con distincións e honras corporativas.

Respectamos que a xente viva as festas con devoción relixiosa, pero consideramos inapropiado que, nun estado aconfesional, se sigan a mesturar as institucións políticas e relixiosas. Non pode obviarse que o ben xurídico que protexen a Constitución e a »Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa» teñen unha vertente positiva (o cidadán terá as crenzas e ideas que estime máis adecuadas sen sufrir presión ou represalia algunha) e unha negativa (non se lle pode impoñer ao cidadán ningunha relixión). Isto implica non obrigar aos que non comparten esas mesmas crenzas a ter que soportar as manifestacións das anteriores de forma permanente nos espazos públicos.

A necesaria “cooperación coa Igrexa Católica y demais confesións”(art. 16.3 CE) non ten nada que ver coa participación dunha Corporación Municipal nun acto relixioso.

Unha cousa é que as administracións respecten as diferentes crenzas dos seus cidadáns e incluso faciliten a súa práctica relixiosa, e outra ben diferente que os representantes do conxunto dos cidadáns (crentes de diferentes confesións, agnósticos e ateos) acaben formando parte dun rito relixioso sen eles desexalo.

É cada vez máis habitual que, coa chegada de diferentes festas no noso concello, os diferentes responsables dos edificios de culto de Redondela coloquen altofalantes cos que poder retransmitir os seus actos relixiosos a todos os veciños e veciñas dos arredores, queiran estes escoitalos ou non. Cremos que con estas actitudes estanse a incumprir algúns dos artigos da Lei Orgánica 7/1980, de 5 de xullo, de Liberdade Relixiosa:

Lei Orgánica 7/1980, de 5 de xullo, de Liberdade Relixiosa.

Artigo Segundo.

Un. A Liberdade Relixiosa e de culto garantida pola Constitución comprende, coa conseguinte inmunidade de coacción, o dereito de toda persoa a:

2b. Practicar os actos de culto e recibir asistencia relixiosa da súa propia confesión; conmemorar as súas festividades; celebrar os seus ritos matrimoniais; recibir sepultura digna, sen discriminación por motivos relixiosos, »e non ser obrigado a practicar actos de culto ou a recibir asistencia relixiosa contraria as súas conviccións persoais».

Artigo Terceiro.

Un. O exercicio dos dereitos derivados da Liberdade Relixiosa e de Culto ten como único límite, »a protección do dereito dos demais ao exercicio das súas liberdades públicas e dereitos fundamentais», así como a salvagarda da seguridade, da saúde e da moralidade pública, elementos constitutivos da orde pública protexido pola Lei no ámbito dunha sociedade democrática.

O Grupo Municipal GañaMos defende a aconfesionalidade do Estado e das súas institucións que recolle a Constitución española, tamén en Mos.

Por iso GañaMos pide a non participación da Corporación de xeito oficial en manifestacións de tipo relixioso.

GañaMos manifesta que ningún dos seus cargos públicos participará en actos relixiosos de xeito oficial. Obviamente, quen desexe acudir a celebracións das súas confesións relixiosas poderá facelo, pero sempre a título individual. Por iso, pedimos ao alcalde e ao resto de concelleiros da corporación que se deciden participar en actos de carácter relixioso, como procesións, misas maiores, ofrendas florais, etc, o fagan a título persoal, e sen ningún signo externo nin protocolario de representación pública do Concello de Mos.

Asemade, GañaMos cree que os corpos e forzas de seguridade do Estado non deberían acudir a actos relixiosos en representación da autoridade pública.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal GañaMos propón ao Pleno do Concello de Mos os seguintes acordos:

PRIMEIRO:

O Pleno do Concello de Mos acorda a NON participación da Corporación en manifestacións de tipo relixioso. Igualmente acorda que os actos oficiais organizados polo Concello non terán manifestacións de tipo relixioso.Só en casos excepcionais, e previo acordo da xunta de voceiros, poderá haber representación do Concello en actos relixiosos (defunción dalgunha persoa ilustre, incidentes con vítimas no concello, vítimas da violencia de xénero).

SEGUNDO:

O Pleno do Concello de Mos acorda delegar no concelleiro competente a relación cos representantes da Igrexa no concello de Mos. O resto de Concelleiros, cando participen en cerimonias de tipo relixioso, farano a título individual e en ningún caso na súa condición de autoridade ou representante político.

TERCEIRO:

Cando algunha confesión relixiosa que conte con espazos propios en Mos, inste a colaboración do Concello para un evento relixioso, a participación municipal será garantir a seguridade e limpeza que require habitualmente calquera mobilización ou acontecemento cidadán.

CUARTO:

O Concello, para garantir »a protección do dereito dos demais ao exercicio das súas liberdades públicas e dereitos fundamentais, e non ser obrigado a practicar actos de culto ou a recibir asistencia relixiosa contraria as súas conviccións persoais», non permitirá a difusión, mediante megafonía, de ningún tipo de evento ou cerimonia relixiosa, salvo en casos puntuais (festas patronais ou eventos nos que se sobrepase o aforo dos espazos dedicados ao culto), e sempre respectando os niveis sonoros legalmente estipulados.

 

Moción para revocar a exención no pago do IBI pola Igrexa.

Posted on Actualizado enn

O Grupo Municipal GañaMos presenta a seguinte MOCIÓN ao obxecto de ser incluída na orde do día do pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

GañaMos considera necesario mudar o sistema recadatorio do Estado, que carece de progresividade e incumpre a necesaria equidade de que pague máis quen máis teña.

O 31 de decembro publicouse o Decreto Lei 20/2011, do 30 de decembro de 2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público.

Unha das principais “medidas temporais e progresivas”, do goberno de Rajoy en materia tributaria foi o aumento do IBI.

Dende GañaMos tamén queremos facer mención do artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, onde se fala das exencións do IBI. No punto c di que estarán exentos “Los dela iglesia católica, en los términos previstos en el Acuerdo Español y la Santa Sede sobre Asuntos Económicos de 3 de enero de 1979, y los de las asociaciones confesionales no católicas legalmente reconocidos, en los términos establecidos en los respectivos acuerdos de cooperación suscritos en virtud de lo dispuesto en el artículo 16 de la Constitución.”

Esta exención total e permanente da contribución territorial urbana afecta a templos e capelas, residencias de bispos e sacerdotes, oficinas, seminarios e conventos. Como a Igrexa Católica probablemente sexa o más importante propietario inmobiliario do Estado, este privilexio provoca que as arcas públicas deixen de recadar uns 3.000 millóns de euros, mentresque o aumento deste imposto si vai afectar ao peto da maioría da cidadanía, demostrando unha vez máis que o peso tributario non se reparte de forma equitativa nin xusta.

GañaMos reivindica a efectiva separación entre a Igrexa e o Estado.Por todo isto, por elo propoñemos ao Pleno do concello de Mos a seguinte proposta de ACORDOS

Primeiro.- Que se inste a modificar o artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 e se suprimaa exención do IBI nos bens inmobles propiedade da igrexa católica.

2-Que se faga un censo, neste municipio, dos bens inmobles rústicos e urbanos que están censados e rexistrados a nome da igrexa católica e doutras confesións relixiosas, así como dassúas entidades e asociacións afíns.

3-Que se inste ao Parlamento Español a que se derroguen (ou se incumpran) os Acordos do Estado español coa Santa Sé, especialmente o de Asuntos Económicos, xa que esta entidade relixiosa incúmpreos, obrigando á autofinanciación da igrexa católica, como se contempla en devanditos Acordos e consecuentemente a iso se elimine do IRPF (imposto da renda) a casa de asignación á igrexa católica.

4- Que se inste ás Cortes Xerais que fagan as modificacións pertinentes na Lei de Facendas locais, na Lei de mecenado e Fundacións e outras normas locais e leis estatais e autonómicas,para evitar inxustificables exencións do IBI e doutros impostos á igrexa católica e a outras entidades xurídicas.

Moción para declarar ao Concello de Mos municipio oposto ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP)

Posted on Actualizado enn

EXPOSIÓN DE MOTIVOS:

A Comisión Europea iniciou a negociación cos Estados Unidos (EEUU) para o desenvolvemento do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (en inglés TTIP) en 2013. Desde entón, a UE e EEUU están a negociar, de costas á cidadanía e aos seus representantes políticos (parlamentos), un amplo acordo de liberalización de comercio e investimentos, que representa un serio perigo para a democracia, a soberanía e a debida protección dos dereitos humanos e a natureza, antepondo o interese comercial dos investidores e empresas transnacionais (ETN) ao interese xeral.

O TTIP inclúe medidas para a protección dos investidores a través de Mecanismos de Arbitraxe  Inversor­Estado  (ISDS)  que  establecerán  compensacións  económicas  dos estados aos investidores cando se reduzan os beneficios futuros dunha compañía (aínda que isto implique a desprotección de dereitos laborais ou da natureza), e onde, ademais dos altos custos, as decisións son firmes e non poden ser apeladas.

Á cidadanía interésalle que os servizos públicos sexan eficientes para asegurar unha boa calidade de vida. O Tratado de Lisboa concede aos Estados Membros da UE a competencia para definir e organizar os servizos do interese xeral. En contraste con iso, os acordos comerciais implican a miúdo o risco de restrinxir as políticas públicas con “cláusulas freo”, especialmente no campo dos servizos públicos.

Calquera clase de acordo, incluíndo a contratación pública debe conducir a aumentar as garantías e non a reducilas. O TTIP non debe, á súa vez, pór en perigo os aspectos progresivos da lei de contratación pública da UE, xa que estes permiten que se realicen as contratacións públicas, tendo non só en conta o prezo senón tamén outros aspectos como os ambientais e os sociais.

O TTIP, ao perseguir a liberalización total dos servizos públicos e a apertura de prestación dos mesmos ás ETN, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das Administracións Públicas, pon en perigo todos os servizos e compras públicas, en todos os niveis de poder, e compromete a habilidade dos representantes elixidos para administrar libremente as súas comunidades, así como promocionar a industria, emprego e iniciativas locais.

Deste xeito, as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social, e ignoran calquera lexislación continental, estatal, nacional, rexional ou local. As comunidades atópanse  dominadas por axustes estruturais restritivos debidos aos acordos e as políticas de libre comercio e de protección do investidor. Esta lóxica desmantela os servizos públicos e suprime a liberdade dos poderes locais para fornecer os servizos públicos e satisfacer as necesidades sociais das súas poboacións, atendendo a políticas e plans de desenvolvemento industrial e de fomento da industria e emprego locais.

As cidades e os municipios europeos recoñecen a importancia do comercio de mercadorías e de servizos para o benestar da cidadanía. Con todo, a competitividade e o desenvolvemento económico  non  deberían  ser  os  únicos  criterios  para determinar os acordos comerciais tales como o TTIP. Así mesmo, os aspectos ecolóxicos e sociais teñen que ser considerados en calquera negociación comercial bilateral.

As Administracións Locais:

  • ao estar preto das necesidades dos seus pobos, teñen o deber de inxerencia e de resposta respecto do que planea o TTIP, se non queren ser corresponsables de poñer ás persoas e ao planeta en perigo.
  • sendo as canles adecuadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego  locais,  esfórzanse  para  a  súa  promoción  como  resposta  ao  interese común.
  • están   obrigadas   a   resolver   os   retos   sociais,  económicos  e  ambientais  e, conseguintemente, a defender a universalidade dos servizos públicos e a protección da cidadanía.

As colectividades locais desexan ampliar o debate público e democrático sobre o que está verdadeiramente en xogo tras este Tratado e a sorte que correrán os servizos e compras públicos:

  • o comercio e o investimento soamente poden contribuír ao ben común e conducir a intercambios económica e socialmente beneficiosos se respecta as necesidades humanas en todo lugar, e non se basea no beneficio dos especuladores financeiros e das empresas multinacionais.
  • a eliminación programada e progresiva dos servizos públicos é ao mesmo tempo a eliminación programada e progresiva da solidariedade e a democracia.
  • a apertura máxima dos servizos e as compras públicas á competencia produce efectos contraproducentes en canto á súa accesibilidade, a súa calidade e o seu custo.
  • os  dereitos  sociais  son  dereitos  inalienables,  polo  que  non  poden  depender exclusivamente da lóxica do mercado.
  • só  a  existencia  diversificada  de  servizos  públicos  socialmente  útiles,  permite asegurar unha calidade de vida digna para todos e en todas partes, en estreito nexo co exercicio real da democracia.
  • o control público debe preservarse para garantir o acceso aos bens comúns e á creación de novos servizos públicos, así como para favorecer a industria e emprego locais.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal de gañamos somete á consideración do Pleno do Excmo. Concello de Mos  AS SEGUINTES PROPOSTAS DE ACORDO:

  1.  Declarar  ao  Municipio  de  Mos  como  “Municipio  oposto  ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (en inglés TTIP)”, defendendo os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social.
  2.  Solicitar  do  Ministerio  de  Facenda  e  Administracións Públicas  do  Goberno  de España o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos chamados servizos socialmente útiles.
  3.  Solicitar do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España a suspensión das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares, coa finalidade de conseguir que:
  • mecanismos como o ISDS ou similares non sexan incluídos neste nin en ningún outro Tratado.
  • se defenda a actual política reguladora da UE e dos seus estados membros, de xeito que non se perdan competencias en materias de lexislación social, protección ao consumidor e medio ambiente.
  • o Tratado non se limite a obxectivos meramente económicos e que lle dea a mesma importancia e consideración aos obxectivos sociais e aos ambientais.
  • se termine a actual falta de transparencia das negociacións, se faga pública toda a información e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos nacionais.

●   os servizos públicos e a propiedade intelectual sexan excluídos do Tratado.

Moción solicitando a creación dun viveiro de empresas.

Posted on Actualizado enn

En anteriores lexislaturas viu funcionando no Concello de Mos, concretamente, nas dependencias situadas na planta alta do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) un viveiro de empresas para emprendedores. Esta iniciativa deu moi bos resultados, permitindo que no seu momento emprendedores que non se podían permitir instalarse nunha oficina na que atender ós seus clientes, operar na súa actividade profesional e sufragar os gastos derivados dun aluguer, o puideran facer sen custe algún.

Por outra banda, para o Concello de Mos tampouco supuña ningún custe engadido, xa que do único que se tiña que facer cargo eran dos custes derivados dos consumos eléctricos (que nestes casos eran mínimos) e da limpeza das instalacións.

Desta iniciativa xurdiron varios profesionais entre os que cabe citar a avogada Rosa Ana Navarro así como a empresa Dixitalmedia (hoxe en día ambos con instalacións profesionais abertas ó público no Alto de Puxeiros), entre outras iniciativas empresariais.

Estes son varios exemplos de emprendedores que de non contar cun apoio mínimo, non poderían haber emprendido do xeito que o fixeron.

Se ben é certo que actualmente se están levando a cabo actividades profesionais a través de internet, sen ter a necesidade de saír do domicilio persoal, estas iniciativas se limitan a aquelas actividades de compraventa, pero non a aquelas outras nas que se presta un servizo directo ao cliente, e que precisan do trato directo co mesmo, e, polo tanto, dunhas instalacións axeitadas para poder desenrolar dita actividade.

Actualmente, e sen saber ben o porqué, as referidas instalacións municipais se atopan en desuso, a pesares da extrema necesidade de potenciar o autoemprego e a contratación empresarial nos tempos de crise económica e laboral nos que vivimos.

É urxente dotar dun espazo público para que aqueles emprendedores que precisen dun espazo físico para por en marcha e desempeñar os seus negocios, durante os primeiros anos de andadura profesional (2 ou 3 anos), poidan facelo sen custe algún.

O Concello de Mos non se pode permitir o luxo de non optimizar os recursos públicos, e aínda mais, non lle dar uso os bens de titularidad municipal, cando a demanda social é manifesta e numero de desempregados neste concello supera as 1.400 persoas.

En base ó exposto, se presenta a seguinte moción:

Que polo PLENO MUNICIPAL se acorde:

  1. a)        Aperturar os viveiros de empresa para emprendedores en instalacións municipais (concretamente as oficinas situadas nas últimas prantas do Centro de Desenrolo Local), en horario de atención ó público (mañá e tarde), coa fin de fomentar o autoemprego e, posteriormente, a contratación, e sen custe para os interesados.

b)        Colaborar ca Asociación de Empresarios de Mos co fin de xestionar os espazos así como seleccionar a aquelas persoas interesadas en ocupalos.

Comunicado: As preguntas sen resPPosta sobre as construccións irregulares amparadas polo des-goberno municipal do PP de Mos

Posted on Actualizado enn

Dende GañaMos levamos meses inquerindo reiteradamente sobre as presuntas irregularidades que presenta a construcción da nave de Redphone sita en Avda Puxeiros- Peinador no nº 59, sen acadar resposta algunha do goberno municipal do PP de Mos.

Detallamos a continuación ditas preguntas:

Cal é o motivo de que non se tramitase antes de decembro de 2015 o expedente de caducidade desta obra coa licenza UL 212/09 cuia licenza estaba caducada no 2012.?

Por qué non se tramitou antes dito espedente despois da demanda feita por GañaMos en setembro e reiteradamente nos meses seguintes?

Existe algúnha denuncia previa a 2015 da Policía Local ou doutros particulares.?

Realizouse expediente sancionador por non ter cartel de obra e por facer caso omiso o constructor ao informe da policía local (7/10/2015)? Se foi realizado, en que fase actual está?

A pesares da alarma social que provoca esta voluminosa obra cun gran impacto paisaxístico e que posibelmente  é unha construcción irregular e ilegal por:  non respetar a distancia ás vías pública;  sobrepasar a altura permitida e a ocupación da construcción de  máis do 50% da superficie real da finca que permite a licencia orixinal. A pesares das numerosas promesas da Concelleira de Urbanismo de realizar o Informe Tecnico  correspondente e de manifestar aos técnicos do concello que a sospeita de irregularidade é  fundada pero que eles non poden realizar ditas medición por carecer de medios ténicos suficientes,  por qué non se realizou  o Informe Técnico correspondente por empresa cualificada?

Acepta o Concello a oferta do grupo GañaMos de costear os cargos, para que en caso de non poida costear o Concello  se realice  o levantamneto topográfico  por unha  empresa cualificada en presenza dos técnicos do concello?

Nese caso por qué non se realiza de inmediato dito informe coas medicións  referidas no orzamento  e se actúa en consecuencia?