Sin categoría

Comunicado: As aberracións do PXOM de Mos.

Posted on Actualizado enn

O plan xeral de Mos convirte as zonas urbanas residenciais de Puxeiros-Portela e Sanguiñeda en polígonos industriais.

O pasado 30 de decembro o Concello de Mos sufriu a agresión urbanística máis importante da súa historia, dende a creación da nefasta Autovía A-55 que conseguiu dividir e partir o territorio mosense en dous.

O Partido Popular, coa abstención do grupo municipal socialista, e os votos en contra de GañaMos e BNG, aprobou o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que rexirá nos proximos anos a ordenación territorial e urbanística deste Concello.

Este novo planeamento converte as zonas urbanas de Puxeiros-Portela e Monte-Sanguiñeda, así como algúns nucleos rurais (como, por exemplo, o de Rexenxo na parroquia de Petelos), en auténticos polígonos industriais.

Os barrios urbanos residenciais de Puxeiros-Portela pasarán a estar rodeados e estrangulados por unha xigantesta zona de solo urbano industrial. Se ven inicialmente este solo estaba previsto que se calificase como urbano terciario, é dicir, se destinase a implantación de naves comerciais ou de almacenamento, con esta nova clasificación calquera tipo de actividade industrial (incluso ás denominadas perigosas) se poderán instalar nestas zonas urbanas. A aberración chega ó punto de calificar como solo urbano industrial os terreos situados en fronte do Centro de Saude e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón.

O mesmo sucede cos terreos situados detrás da discoteca Queen e do establecemento Deportes González en Saguiñeda. Estas zonas perxudicarán a vida diaria dos veciños como consecuencia do ruido e a contaminación da actividade industrial, así como pola inseguridade vial provocada polo continuo tránsito de tráfico pesado polo medio das zonas urbanas residenciais, xa que non está previsto a evacuación deste tráfico por vías alternativas con conexións a viales de alta capacidade.

O Grupo Municipal GañaMos Asemblea Veciñal criticou duramente, o igual que fixo a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, na sua Memoria Ambiental do PXOM, e polos motivos expostos, a clasificación deste solo como industrial, cando estas actividades se deberían trasladar ó polígono industrial da Veigadaña, xa creado para este fin e que se atopa prácticamente valeiro de actividade.

A pesares da información enganosa que da o PP de Mos, os veciños deste concello deben saber que o equipo de goberno presidido por Nidia Arévalo levou ás presas e correndo a aprobación provisional do PXOM ao Pleno Municipal sen ter subsanado previamente as deficiencias urbanísticas que presentaba a Memoria Ambiental do Plan Xeral, que recolle exactamente estes e outros problemas: exceso de solo industrial que afecta, invade e perxudica a zonas residenciais (tendo o póligono industrial da Veigadaña prácticamente baleiro de actividade), enormes problemas acústicos derivados deste solo industrial e do tránsito de tráfico pesado, etc.

Polo tanto, se a Xunta de Galicia aproba definitivamente o PXOM especulativo que aprobou provisionalmente o PP de Mos, os veciños de Mos verán a sua calidade de vida minguada nos próximos anos.