Non máis burlas a Mos
Basta xa de burlas a Mos. Basta xa de promesas electoralistas do Partido Popular que logo incumplen sistematicamente. Necesitamos, tanto en Mos como no estado, un goberno que poña sempre por diante as necesidades das veciñas e veciños, un goberno que do prometido faga débeda.
Necesitamos potenciar os nucleos urbanos
Necesitamos suprimir o tráfico pesado das zonas residencias e fomentar o desenvolvemento dos núcleos urbanos existentes para promover o comercio local nestas zonas. Así o faremos se temos o mandato da veciñanza para gobernar Mos.
Beirarrúas nos vieiros principais
Temos que dotar de beirarrúas ou sendas peonís aos vieiros que dan acceso aos colexios, aos centros culturais, as instalacións deportivas,… en definitiva aos vieiros que vertebran a vida cotiá das veciñas e veciños de Mos. Esta será, sen dúbida, unha das principais medidas urxentes que levaremos a cabo no goberno municipal.
Garantir a seguridade dos pozos
Se de verdade Arévalo defendera á veciñanza, subiría a inspeccionar as obras dos campos de futbol, esixiría que se adoptaran medidas en condicións e paralizaría cautelarmente as obras ata que se levaran a cabo ditas medidas. Pero todas e todos sabemos que intereses defende Arévalo.
No saben ou Non contestan.
Non queren respostar ás nosas preguntas. Non queren quedar en evidencia e unha trás outra néganse a respostar. Case mellor non ter resposta a que nos conten máis mentiras para agochar a súa nefasta xestión. Mellor non ter que presenciar como lle desposúen de toda dignidade ao cargo de alcadesa de Mos.
Solicitamos melloras na sinalización do camiño de Perral
Solicitamos melloras na sinalización do camiño de Perral xa que este ten unha anchura moi variable que resulta perigosa ao carecer de ningún tipo de sinalización. É urxente actuar neste camiño, xa que converteuse nun vieiro con bastante tráfico por ser un acceso ao polígono da Veigadaña moi usado polas familias cuxos fillos e fillas entrenan no campo municipal das Baloutas.
Por que asfaltan uns camiños e outros non?
Todos os veciños piden que se asfalten os seus camiños pero por que se asfaltan uns e outros non? Cal é a relación de camiños a asfaltar? Unha vez máis Arévalo négase a informar no pleno das actuacións do goberno municipal.
Arévalo ponse moi nervosa con cada pregunta nosa
Arévalo ponse moi nervosa con cada pregunta nosa porque sabe que deixamos en evidencia a súa nefasta xestión. Por que aínda agora van rematar as obras do campo de futbol de Cotorrón en vez de facelo no seu día hai xa case dous anos? Por que non contesta en vez de facer un numerito para a galeria?
As ludotecas municipais seguen sen funcionar
Arévalo prometeu que en setembro estaría aberta a ludoteca municipal de Louredo e a día de hoxe está pechada ao igual que a ludoteca de San Rafael. Agora para agochar a súa desastrosa xestión queren derivar as instalacións para outros usos despois de invertir unha morea de diñeiro público en acondicionar os locais para poder acoller aos nenos e nenas.
As medidas adoptadas son insuficientes
Alegrámonos de que se adoptasen medidas para impedir que o aluvión de lodos da obra dos campos de furbol do Celta poidan contaminar de novo os pozos das traidas. Esta claro que todo o que estivemos denunciando era verdade, sen embargo Arévalo vai dun lado a outro chamándonos mentirosos e ensinado montaxes fotográficos manipulados para enganar á veciñanza. Un goberno responsable que de verdade está coas veciñas e veciños estaría aquí como nós inspeccionando as obras e non facendo reunións nas que insultan e atacan ás directivas das Traídas de Auga.
- ← Anterior
- 1
- 2
- 3
- …
- 42
- Siguiente →