Velando polo futuro de Mos II
As nosas propostas para mellorar Mos: propostas factibles, propostas de futuro, propostas pensando en todas e todos e non pelotazos para o beneficio duns poucos.
Presentación Candidatura GañaMós
Somos Mos! Somos GañaMós!
Somos veciñas e veciños coma ti, e ofrecemos un goberno que vai poñer sempre o interese de todo o conxunto da veciñanza por diante de calquer outro, un goberno que vai atender de verdade ás necesidades do noso Concello, un goberno que vai ter sempre presente o mandato das veciñas e veciños.
Se Mos nos da a súa confianza, nos seremos ese goberno que tanto necesitamos.
Velando polo futuro de Mos
Propostas para mellorar Mos. As nosas candidatas presentan puntos principais do noso programa para gobernar Mos e pór o Concello ao servizo de todas as veciñas e veciños.
Seguimos sen ordenanza que regule as bonificaciós do ICIO
Será que Arévalo é fraxil de memoria ou que é unha mentirosa patolóxica? Nun pleno anterior acordamos realizar unha ordenanza para que as asociacións teñan seguridade xurídica para solicitar as bonificacións do ICIO, algo que reclama incluso a propia tesoureira municipal. Pero Arévalo agora negao porque prefire que a veciñanza non teña dereitos, prefire que teñan que solicitar a súa dávida e que en Mos non impere a lei senón a súa caprichosa arbitrariedade.
Continúa o desfile de recoñecementos extraxudiciais de crédito
Pasen e vexan! Continúa o desfile de recoñecementos extraxudiciais de crédito. Apenas comezou o ano e xa levamos 4 expedientes achegandonos ao millón de euros. Pero o peor é que todas estas facturas recoñecidas do ano pasado están aínda sen pagar porque a tesourería está baleira. Arévalo pasará a historia en Mos pero pola súa nefasta xestión económica.
AREVALOCRACIA 2 0
No pleno deste luns Arévalo pulverizo o súa plusmarca persoal de mentiras nunha sóa sesión. No anterior pleno dixo que ela non vetaba as nosas mocións e que traía todas a pleno, este luns desenmascaramos a súa enésima mentira deixando patente a longa lista de propostas nosas que ela impediu que viñeran a pleno. Para sair do atolladero excusaxe con que non poden ir a pleno mocións sobre asuntos que non sexan competencia municipal e volve a mentir decindo que eles nunca levaron unha moción que instase a outra administración. Mentira trás mentira porque teñen traído unhas cantas mocións deste tipo, sen ir máis lonxe hai pouco trouxeron unha moción instando ao Ministario de Fomento a solucionar a inseguridade vial en Ameirolongo. Unha moción copiada dunha presentada por nós e que eles impediron que fora a pleno no seu día.
Seguen se tomar medidas para garantir a seguridade dos pozos
Se de verdade Arévalo defendera á veciñanza, subiría a inspeccionar as obras dos campos de futbol, esixiría que se adoptaran medidas para impedir as escorrentias de lodos e paralizaría cautelarmente as obras ata que se levaran a cabo ditas medidas. Pero todas e todos sabemos que intereses defende Arévalo.
Supresión peaxes AP-9 Vigo-Porriño
O tramos Vigo-Porriño AP-9 poderia ser a día de hoxe unha alternativa á autovía A-55 se non fora porque o Goberno de Rajoy, coa complicidade do PP de Mos, negouse ilegalmente a acatar o mandato do Congreso dios Deputados e suprimir as peaxes deste tramo da AP-9, Un mandato acadado grazas a unha proposta nosa que nunca contou co apoio de Arévalo por moito que agora ela diga o contario. Nós seguiremos traballando e poñendo o interese da veciñanza sempre por diante dos intereses partidistas.
Solicitamos a paralización das obras dos campos do Celta
Pedímoslle ao Goberno Muinicipal que poña por unha vez o benestar da veciñanza por diante dos seus intereses partidistas e paralice de inmediato as obras dos campos do Celta ata que se tomen as medidas necesarias para a contención dos lodos e garantir así estos non volvan a penetrar nos pozos das Traídas enturbiando a súa auga.
Andaina solidaria contra o Macro Centro Comercial
A participación da veciñanza de Mos na Andaina Solidaria de hoxe superou as expectativas, incluso as máis optimistas, máis de 300 persoas acompañaron esta xornada reivindicativa polos montes de Tameiga. O tempo aínda que nublado e aventando a chuvia respectou en todo momento. O roteiro transcurriu polo deslinde da zona de monte afectada evidenciando a grave afección que sufriría o monte de levarse a cabo o Macro Proxecto promovido por Arévalo e Mouriño. No camiño percorrido atopámonos con diversas captacións das distintas Comunidades de Traídas de Auga que abastécense das augas que captan os montes de Tameiga. Puidemos apreciar como moitos destos pozos aínda que non están dentro da demarcación da zona susceptible de ser recualificada, están tan preto da zona que é unha verdadeira temeridade asegurar que nunca van a verse afectados tal como aseveran os promotores do Macro Centro Comercial. Ao remate a maioría dos participantes da andaina solidaria quedaron ao xantar fraternal. Hoxe non é día de celebración para os que agardaban que os apoios das veciñas e veciños de Mos mermase co paso do tempo e coa intoxicación informativa propiciada polos promotores do pelotazo urbanístico. Hoxe quedou demostrado o sentir da veciñanza coa altísima participación nesta andaina solidaria na que ademais os participantes solidarizábanse coa causa cunha doazón de 5€. A marea verde contra o pelotazo urbanístico segue sendo unha marea viva de rexeitamento veciñal ao atentado ecolóxico e medioambiental que impulsan Arévalo e Mouriño.
- ← Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- …
- 42
- Siguiente →