Mananciais contaminados polas obras do Celta

Posted on

O que Arévalo prometeu que nunca ía ocurrir xa está pasando. As obras dos campos do Celta estan contaminando os mananciais das Traídas de Auga. Unhas captacións que decían que estaban fóra do ámbito da actuación e que nunca se verían afectadas e apenas comenzaron a obrar e as súas augas estan enturbiadas polos lodos das obras.

Creación dun Consello Municipal das Augas

Posted on

Para protexer este ben tan preciado que é a auga crearemos un Consello Municipal da Auga no que poderán participar todas de traídas de auga. Neste Consello consensuaremos cos representantes de ditas comunidades todas as medidas a adoptar polo Concello para axudar as Traídas a desenvolver o seu inestimable facer cotiá.

Consello Municipal da Igualdade

Posted on

As centrais sindicais foron as pioneras na loita pola Igualdade das mulleres e siguen sendo unha das referencias máis importantes estando presentes en todos os Consellos de Igualdade. Pero aquí en Mos son vetados e a súa labor desprezada polo Goberno de Arévalo. Para nós é fundamental a súa participación para que este Consello desempeñe unha labor á altura das circunstancias.

Rotonda de San Eleuterio, chapuzada sobre chapuzada

Posted on

Preguntamos no último pleno por estas deficiencias na rodonda de San Eleuterio e polas accións do goberno municipal para solucionalas. Pero unha vez desentendéronse do asunto alegando que era competencia de Fomento. Como se Arévalo non bendecira o proxecto hai 4 anos cando o presentou, como se nestos anos transcorridos o goberno municipal non poidera ter feito alegacións solicitando unha mellor planificación.

Moción contra a prostitución

Posted on

Xa intuíamos que o Partido Popular íase negar a levar a nosa moción contra a prostitución e evitar así posicionarse en contra. Pero nos sigue abraiando o «desparpajo» con que falta á verdade a sra. Arévalo, sen vergoña ningunha é capaz de decir que eles levan a pleno todas as nosas mocións cando pleno tras pleno vetan a inmensa maioría das que presentamos como fixeron neste pleno no que se negaron a que foran ao pleno as dúas mocións que rexistramos.

8M Folga de Mulleres

Posted on

Todo o noso apio á folga de mulleres. O 8 de marzo estaremos na rúa reclamando todos os dereitos para todas as mulleres. Por desgraza, un ano máis Arévalo negouse a que o Concello de Mos manifestase o seu apoio aos millóns de mulleres que reclaman igualdade.

Inversión en Vivendas de Protección oficial

Posted on

Mentres noutros concellos limítrofes a Consellería de Vivenda invirte cantidades millonarias na construcción de Vivenda de Protección Oficial, en Mos non se fai nada por colaborar coa Xunta e buscar unha solución habitacional á xuventude, ás novas familias ou a calquera veciño que necesite unha vivenda máis asequible. Normal que ano a ano Mos perda habitantes cando non hai un goberno preocupado polas necesidades de toda veciñanza.

As dúas caras de Arévalo

Posted on

As dúas caras de Arévalo: di unha cousa cando ten diante á veciñanza e logo di a contraria canto está xunto con Mouriño. No pleno de xaneiro co auditorio abarrotado de veciñas e veciños falaba dun proxecto que só estaba en estudio e que non se faria nunca sen consenso e sen embargo o outro día xunto con Mouriño e o fragor das excavadoras víuse arriba e diante da prensa aseguraron que o proxecto era unha realidade e que se levaría adiante por moita oposición da veciñanza que houbera.

Respecto á soberanía das Comunidades

Posted on

O Partido Popular ten todo o dereito a defender o seu proxecto por moito que a nós nos pareza un autentico despropósito prexudicial para Mos. Pero non ten ningún dereito a acosar aos membros das Xuntas Reitoras, rebentar as asembleas e pisotear a soberanía das Comunidades cando as súas decisións contraveñen os seus intereses partidistas.

Recortes en persoal de limpeza

Posted on

Volvemos a pedirlle ao Partido Popular que recorten en propaganda e festexos varios, pero que non o fagan en persoal de limpeza e menos no que esta a cargo dos colexios. O esforzo das traballadoras da limpeza é inmenso e non poden soportar esta situación indefinidamente. Mentres o Goberno de Arévalo dilapidando o diñeiro público nas súas fanfarrias electorais.