Preguntas ao goberno municipal (pleno maio 2016)

 

GañaMos Asemblea Veciñal ao amparo da lexislación vixente realiza as seguintes preguntas para que teña a ben respostar a correspondente  Concelleira.

1) Fixose un Prego no Pleno de abril para que  o Goberno Municipal  chegue a un acordo co Propietario da vivenda do camiño das Urces nº 18, co fin de que se retranquee o construido para así continuar con anchura suficiente, a beirarrúa procedente do Multiusos hacia o Camiño das Urces e ao mesmo tempo se deixe o maior espazo posibel para o paso dos vehículos. Asemade se valore a posibilidade de que dita beirarrúa teña continuidade polo Camiño das Urces hacia o nº 16 e 14 etc en coordinación cos propietarios de ditas vivendas con fin de paliar os trastornos e mesmo perigo que se orixina. Ralizouse algunha xestión co propietario de dita vivenda e cal é o resultado?

 

2) Sobre o Camiño  Rosalino en Sanguiñeda  polo que circulan  camións de maior tonelaxe do permitido: Cal é o protocolo que se sigue para controlar o tráfico pesado e  qué sancións foron impostas nos últimos 12 meses e coa cuantía específica de cada unha referente a cada sancionado.

 

3) Sobre a proposta de renovación do contrato da finca de Tuicalde

Por qué  non se revisou en 2014 o contrato que remataba  e sigue pagando  3770 € anuais nunha parcela de 7000 metros: 0.5 € por metro cuadrado/ano; Canto pagou cada ano anterior dende que ten o contrato : A mesma cantidade?’.Pódese recuperar o que lle debía corresponder dende o 2014 de ter feita revisión; data da prescripción do contrato. No contrato novo  van figurar os compromisos?:Que actividade realizará?  ( estará fora de ordenación como dice o arrendatario). Farase u pliego anexo a prórroga no que figure  compromiso do arendatario que de forma concreta as actuacións e datas de remate de obras e contratación dos empregados?

Mos a 27 de maio de 2016