Quen somos

foto-concelleiros

O movemento pola base creado en Mos GAÑAMOS ASEMBLEA VECIÑAL  felicita a todos os veciños e veciñas de Mos  pola súa participación masiva nas eleccións do día 24 e congratúlase da disposición ao cambio  da maioría dos votantes, xa que o partido que vai gobernar só o fará  co  43.7% dos votos.

Sentimos unha especial satisfación polo apoio deses 1.954 mosenses que nos votaron, e que representan o 22.8%.

Iniciamos unha nova etapa neste concello para rematar co caciquismo e sobre todo clientelismo, onde unha rede organizada do equipo de goberno do PP reparte favores de xeito selectivao ás persoas e organizacións a cambio de apoio electoral, e non en función das necesidades prioritarias da poboación.

Plantexaremos estes catro anos de traballo na Corporación para acadar a confianza entre todos os veciños e unirnos  todos  no servizo a favor da maioría, para buscar unha calidade de vida acorde con este marabilloso entorno que temos, centrándonos nos seguintes puntos:

– Reforma do PXOM (alturas máximas: 4 plantas, esixencia do túnel da autovía, etc;

– Desenvolvemento cultural e do patrimonio histórico, co  Camiño de Santiago como eixe do intercambio cultural e creación de emprego;

– Búsqueda de recursos, redución dos gastos supérfluos e aumento da capacitación do funcionarado, así coma contratación en base a función que se pretende para xestionar;

– Os nosos valores no traballo político serán a transparencia e a honradez;

– Fiscalización de contas do concello, coa declaración de ingresos antes e despois  da lexislatura dos nosos concelleiros,  dar conta do gasto organizativo de GañaMos  e a Participación cidadá, a través da integración neste movemento e das Asembleas amplias de Consulta, facilitación de reclamacións,… etc

        En definitiva, en GañaMos estamos convencidos de que este  proxecto será o da maioría e crearemos entre tod@s os mosenses un ambiente de libertade e cooperación que nos permitirá transformar este concello.

✔️CÓDIGO ÉTICO

✔️ PROGRAMA POLÍTICO (2015)

✔️ COMPROMISO ÉTICO CANDIDATURA


foto-eleccions