Comunicados

Comunicado sobre o PXOM de Mos

Posted on Actualizado enn

O pasado 2 de decembro tivo lugar un pleno extraordinario neste Concello cun único punto do día: o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O motivo de facer este pleno foi o intento desesperado do Partido Popular de aprobar, antes de enviarlle a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, as modificacións e subsanacións das deficiencias do PXOM que foron advertidas por este organismo autonómico na última Orde de data 24 de outubro deste ano.

Nesta resolución esta Secretaría da Xunta de Galicia decidiu non conceder a aprobación definitiva ao Plan Xeral do Concello de Mos, facendolle saber ós representates municipais o deber de facer as modificacións precisas para subsanar as deficiencias sinaladas.

Entre as correccións demandadas pola Xunta está a de situadas en diferentes Nucleos Rurais. Deste xeito, se ven na aprobación provisional esas parcelas tiñan a condición de edificables, deixarán de tela e pasarán a se convertir en suelo rústico.

12717377_1031706633589942_1702056335088046444_n

Outro dos motivos polo cal a Xunta decidiu de momento non aprobar definitivamente o PXOM de Mos é a falta de previsión de redes de públicas de servizos urbanísticos completos, como redes de saneamento, abastecemento e infraestructuras. Dí a Xunta que o PXOM de Mos tampouco prevé o modo de conectar as infraestructuras xa existentes cas novas que se prevén.

Tamén existiría unha deficiente delimitación dos Nucleos Rurais de modo que o parcelario que se proxecta non se corresponde co real.

Existiría un exceso de creación de suelo industrial e comercial, que non ten xustificación ca demanda real do mercado, e que asoballarían os núcleos rurais e as zonas residenciales, onde vive a maioría dos veciños de Mos.

Existiría unha mistura desordeada de solo residencial, industrial e terciario que poría en perigo a pacífica convivencia das veciñas/os, o que inevitablemente lles ocasionaría as molestias derivadas da actividade industrial e do constante paso do transporte pesado de camións.

Segundo a Xunta, con esta ordenación deficiente tamén se pon en perigo as zonas de solo rústico de especial protección, co incremento excesivo de zonas edificables.

Como levamos tempo advirtindo, este novo PXOM converte as zonas urbanas de Puxeiros-Portela e Monte-Sanguiñeda, así como algúns nucleos rurais (por exemplo, o de Regenjo na parroquia de Petelos), en auténticos polígonos industriais.

Os barrios urbanos residenciais de Puxeiros-Portela pasarán a estar rodeados e estrangulados por unha xigantesca zona de solo urbano industrial. Se ven inicialmente este solo estaba previsto que se calificase como urbano terciario, é dicir, se destinase a implantación de naves comerciais ou de almacenamento, actualmente con esta nova clasificación calquera tipo de actividade industrial (incluso ás denominadas perigosas) se poderá instalar nestas zonas urbanas.

simulacion-avda-puxeiros-d

Simulación Alto de Puxeiros

 

A aberración chega ó punto de calificar como solo urbano industrial os terreos situados en fronte do Centro de Saude e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón.

Deste xeito o trafico pesado está garantido, os camións pasarán de maneira continua, a todas horas do día, o carón das vivendas dos veciños, cos problemas de ruido, trafico e contaminación que isto conleva.

O mesmo sucede cos terreos situados detrás da discoteca Queen e do establecemento Deportes González en Saguiñeda. Estas zonas se convertirán en inmensas áreas de suelo industrial que perxudicarán a vida diaria das veciñas/os destas zonas como consecuencia do ruido e a contaminación da actividade industrial, así como pola inseguridade vial provocada polo continuo tránsito de tráfico pesado polo medio das zonas urbanas residenciais, xa que non está previsto a evacuación deste tráfico por vías alternativas con conexións a viales de alta capacidade.

O Grupo Municipal GañaMos, critica duramente, o igual que fai a Xunta de Galicia, nas súas diferentes resolucións, e polos motivos expostos, a clasificación destes solos como industriais, cando estas actividades se deberían trasladar ó polígono industrial da Veigadaña, xa creado para este fin e que se atopa prácticamente baleiro de actividade.

A pesares da información enganosa que se emite dende o PP de Mos, os veciños deste concello deben saber que o equipo de goberno presidido por Nidia Arévalo levou deprisa e correndo a este Pleno Municipal a subsanación das deficiencias do PXOM advertidas pola Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio, sen ter subsanado previamente as deficiencias urbanísticas que presentaba a Memoria Ambiental do Plan Xeral, que recolle exactamente estes e outros problemas: exceso de solo industrial que afecta, invade e perxudica a zonas residenciais (tendo o póligono industrial da Veigadaña prácticamente baleiro de actividade), enormes problemas acústicos derivados deste solo industrial e do tránsito de tráfico pesado, etc.

Polo tanto, se a Xunta de Galicia aproba definitivamente o PXOM especulativo que aprobou provisionalmente o PP de Mos, os veciños de Mos saldrán gravemente perxudicados vendo menguada a súa calidade de vida de xeito irreversible.

12705179_1031705553590050_6625545001722539714_n