Imágenes
Pleno Concello de Mos – sesión xaneiro 2017
Imagen Posted on Actualizado enn
No pleno de xaneiro a sra. Arévalo presentou un despropósito de moción esixindo que En Marea retirase unha proposición presentada por dito grupo parlamentar no Parlamento de Galiza a instancia nosa.
A proposición recolle literalmente unha moción aprobada unánimente por todos os partidos da corporación mosense en sesión plenaria de xuño de 2016. Proposición presentada despois de 7 meses de pasividade da sra. Arévalo para levar adiante un asunto tan importante como é atender as demandas sociosanitarias dos nosos maiores.
Por moitas explicacións que ofreceu o noso voceiro, a sra. Arévalo prefiere xogar a buscarlle tres pés ao gato aos termos utilizados en redes ou prensa en vez de centrar o debate en como resolver as grandes carencias que ten o noso Concello e non facelo perder o tempo a todolos/as concelleiros/as.
Inseguridade víal – Ameirolongo – Sanguiñeda
Imagen Posted on Actualizado enn
Os peóns que teñen que cruzar esta vía xoganse a vida a cotío, por iso urxe arranxar esta situación e garantir a seguridade víal das veciñas e veciños de Mos. Pero é necesario actuar en diversos puntos, ademáis de construir unha pasarela.