Vídeos
O PXOM da sra. Arévalo
Vídeo Posted on Actualizado enn
O pasado mércores entre fanfarria e boato Arévalo e Feijóo celebraron a aprobación do seu PXOM.
O grupo municipal GañaMos non asistiu a este acto propagandístico como tampouco participamos no pleno extraordinario do 2 de decembro, xa que entendemos que Mos non ten nada que celebrar co PXOM de Arévalo posto que non resolve os problemas estructurais do noso Concello.
Esta é a cara real do PXOM de Mos unha vez apartamos o confetti da sra. Arévalo:
Falta de previsión de redes de públicas de servizos urbanísticos completos, como redes de saneamento, abastecemento e infraestructuras.
Non se prevé o modo de conectar as infraestructuras xa existentes cas novas que se prevén.
Deficiente delimitación dos Nucleos Rurais de modo que o parcelario que se proxecta non se corresponde co real.
Exceso de creación de suelo industrial e comercial, que non ten xustificación ca demanda real do mercado, e que asoballarían os núcleos rurais e as zonas residenciales, onde vive a maioría dos veciños de Mos.
Mistura desordeada de solo residencial, industrial e terciario que poría en perigo a pacífica convivencia das veciñas/os, o que inevitablemente lles ocasionaría as molestias derivadas da actividade industrial e do constante paso do transporte pesado de camións.
Esta ordenación deficiente ten as súas consecuencias para a calidade de vida das e dos mosenses.
Contestación a Arévalo polas súas acusacións contra a nosa proposta de aproveitamento do Rebullón.
Vídeo Posted on Actualizado enn
Contestación a Arévalo polas súas acusacións vertidas contra nós en referencia a nosa proposta de aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón.
Non alcanzamos a entender por qué a sra. Arévalo se revolve contra a nosa proposta de aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón coa finalidade de cubrir as carencias en atención sociosanitaria de Mos, cando ela mesma e o seu grupo apoiaron na sesión plenaria de xullo 2016 a nosa iniciativa.
Non entendemos porque obstaculiza agora as nosas xestións para elevar esta proposta ao parlamento galego cando ela non realizou aparentemente ningún esforzo para levar a cabo este convenio coa Xunta e así poder atender as necesidades dos nosos maiores.
A proposición presentada por En Marea na Comisión 5ª do Parlamento transcribe case literalmente o texto aprobado por unanimidade plenaria.
Se a sra. Arévalo quere agora mudar o texto de dita proposición, estamos á súa disposición.
Incluso se quere que a retiremos porque ela se compromete de verdade a impulsala, estamos á súa disposición.
Nós, lonxe da loita partidista, estamos ao servizo da veciñanza de Mos.
[Facilitaremos a sra. Arévalo unha copia da proposición presentada para que poida falar sen estar indocumentada]
Non imos ocultar que nos sorprendou moito que as acusacións vertidas pola sra. Arévalo contra GañaMos. Nós en ningún momento falamos de cambio de titularidade das instalacións, nin de que o proxecto se realizara con fondos propios do Concello nin siquera de cántos pabellóns ou anexos serian os adecuados. De feito deixamos patente que a nosa primeira opción sería que se desenvolvera un Centro de día ou xeriátrico de ámbito comarcal non só municipal.
Certo que falamos dun convenio de cesión ou modificación de uso porque é un requisito imprescindible para calquera actuación que se queira acometer, obviamente conlevaria un estudo socioeconómico previo e un acordo fianceiro satisfatorio para Mos.
Un exemplo de aproveitamento parcial destas instalacións é o de Cogami. A Xunta de Galicia fixolle a esta asociación unha cesión de uso por 20 anos e o Ministerio sufragou as obras de acondicionamento dos edificios cedidos.
Un convenio como este saldría bastante menos oneroso que o convenio do Concello de Mos coa diócesis de Tui onde Arevalo leva enterrados máis de medio millón de euros na casa rectoral, propiedade da diocese, sen que a día de hoxe serva para dar servizo a gran demanda de atención sociosanitaria que existe neste concello
Pedimos desculpas se nalgún momento utilizamos térmos que inducisen a certa confusión.
Pregamos que o protagonismo non recaia sobre o que dixo ou deixou de dicir GañaMos senón sobre toda a xente maior que ten desatendidas as súas necesidades vitais e as súas familias.
Documentos de referencia:
– Acordo plenario do Concello de Mos:
https://goo.gl/ozJruZ
– Proposición presentada por En Marea no Parlamento:
https://goo.gl/vtwYFs
Cesión de uso parcial das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón
Vídeo Posted on Actualizado enn
O grupo parlamentar de En Marea ven de presentar, promovida polo grupo municipal GañaMos, unha Proposición non de lei no parlamento galego para a realización dun convenio de cesión de uso parcial das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón coa finalidade de atender as necesidades sociosanitarias do Concello de Mos
Esta iniciativa comenzou hai meses cando a instancias do grupo municipal GañaMos aprobouse por unanimidade plenaria solicitar a Conselleria de Sanidade un convenio de cesión de uso parcial das instalacións onde se ubicaba o antigo hospital psiquiátrico do Rebullón. Xa que lamentablemente a vila de Mos carece de centros como un xeriatrico ou un centro de día públicos onde realizar a atención sociosanitaria tan básica e necesaria. As instalacións do antigo psiquiátrico, agora infrautilizadas e abandoadas na súa maior parte, resultan idóneas para implementar os sevizos sociosanitarios públicos cos que atender as necesidades dos nosos maiores. Ben mediante a creación dun centro municipal ou mesmo ante a gran capacidade do edificio e anexos, dun centro comarcal público satisfacendo así as múltiples necesidades das vilas da bisbarra.
Ante a pasividade da sra Arévalo para xestionar esta demanda unánime da vila de Mos, os concelleiros de GañaMos, Aurora Giráldez e Roberto Rodríguez, abordaron ao Conselleiro de Sanidade na súa visita a Mos para insistirlle na necesidade de tramitar axiña o convenio e non deixar que se degrade ou desmantele máis dito centro.
A receptividade do Conselleiro por este proxecto foi moi excasa, claramente a súa política esta máis enfocada a desmantelar os servizos públicos existentes que a propiciar a creación duns novos.
A nosa andaina para acadar a realización deste proxecto levounos a promover que o grupo parlamentario En Marea presentara unha Proposición non de lei para debate na comisión 5ª do parlamento galego.
Agardamos que alí teña mellor acollida porque para nós é primordial coidar dos nosos maiores e as súas familias.
2016 GañaMos
Vídeo Posted on Actualizado enn
Que ninguen se durma
que ninguen se durma porque
ao final gañareMos.
Herbicidas con glifosatos
Vídeo Posted on Actualizado enn
Magnífica e contundente exposición do doutor César Lema sobre os gravísimos efectos perxudiciais do uso de herbicidas con glifosatos
Desmontando as mentiras da sra. Arévalo [2
Vídeo Posted on Actualizado enn
Desmontando as mentiras da sra. Arévalo [2]
Esta señora nos tilda de manipuladores, ¿a nós?.
Pero só fai falla achegarse ao Castro de Torroso e velo estado de total abandono no que esta.
Só hai que falar cos veciños propietarios das parcelas do castro para que eles mesmos corroboren qué a sra. Arévalo non fixo o máis mínimo esforzo por xuntarse cos eles e buscar un acordo para imprescindible adquisición dos terreos.
Só hai que entrar na web da Deputación ou o Ministerio para coñecer os convenios e subvencións para a recuperación destes xacementos que perdense pola mala xestión.
Só fai falla acudir ás hemerotecas para entender que a sra. Arévalo só se lembra do Castro de Torroso con fins electoralistas, chegou incluso a utilizar a alumn@s do instituto coa total falta de escrúpulos que lle caracteriza.
Avenida do Rebullón – Tameiga
Vídeo Posted on Actualizado enn
A avenida do Rebullón presenta serias deficiencias para a seguridade dos peóns, sendo esta vía o principal acceso ao centro de saúde, centro social As Pedriñas e o colexio Lar
Camiño Covelo – San Eleuterio – Tameiga
Vídeo Posted on Actualizado enn
No vindeiro pleno solicitaremos que se acorde rematar as obras que no seu día quedaron inacabadas, de xeito que se constrúa o tramo de muro de contención que queda por rematar, seguindo o trazado e o proxecto no seu día aprobado. Tamén solicitaremos dar continuidade a beirarrúa, no vial que enlaza o vial de servizo da autovía A-55 coa Urbanización de San Eleuterio, denominado “Camiño do Covelo”
A cacarexada calidade da sra Arévalo só esta no prezo
Vídeo Posted on Actualizado enn
Sra. Arévalo, a súa cacarexada calidade esta só no prezo porque no resto brilla pola súa ausencia.
Os materiais das sinais son os mínimos marcados pola normativa de turismo da Xunta e a súa instalación deixa moito que desexar, a vista esta.
Sra. Arévalo non xogue cos nosos cartos porque as súas desfeitas as pagaMos ben caras.A cimentación normativa dun sinal-frecha destas dimensións é de 2 zapatas de 500x500x800 mm., 0,20 m3 de formigón. Medimos as zapatas existentes realizadas pola empresa adxudicataria do contrato neste sinal-frecha caido, resultando unhas medidas de 250x250x200 mm., escasamente 0,025m3 de formigón.
Si, efectivamente, 10 veces menos cimentación que a marcada na normativa, pero según o PP de Mos a culpa de que se caian os sinais non é por esta circunstancia senón que son os veciños de Mos que tornaronse en «vándalos».
Por si fora pouco, non chega con pagar 590€ por un simple sinal de chapa rotulada senón que ademáis temos aos traballadores municipais perdendo o seu tempo arranxando estas desfeitas.
Aproveitamos para pedir calma e serenidade a veciñanza, podemos comprender pero nunca compartir e aprobar un acto que signifique un destrozo do patrimonio público por moito que nos rebose a indignación.
Camiño Coto da Riba, no barrio de Ansar (Sanguiñeda)
Vídeo Posted on Actualizado enn
O compañeiro Román explícanos o estado do camiño Coto de Arriba, no barrio de Ansar (Sanguiñeda). Este camiño presenta un serio deterioro do asfaltado que fai moi difícil a circulación rodada, e tamén o paso de peóns, ao non ter beirarruas. Da acceso a varias vivendas,e estes veciños sofren a diario as consecuencias deste abandono. No vindeiro pleno presentaremos unha moción solicitando o seu pertinente arranxo.
- 1
- 2
- Siguiente →