Vídeos

A ineficiencia económica a pagaMos.

Vídeo Posted on Actualizado enn

Insistimos!! A ineficiencia económica a pagaMos.
O pilar dunha boa xestión é a calidade do gasto público. Esta é imposible co abuso de procedementos de contratación «a dedo» e sen publicidade que fai a cotío a sra. Arévalo.

O abuso dos procedemento sen publicidade que ten por costumo o goberno municipal de Mos ten como consecuencia a ineficiencia económica e o empeoramento da calidade do gasto público, ademais de ser un agocho para nichos de corrupción sistémica. Esto quedou patente na pasada contratación dun suministro de sinalización. Por elo presentamos unha moción para mellorar os procedementos de contratación do goberno municipal de Mos e dotalos de mais transparencia e eficiencia.

Sra. Arévalo, a súa mala xestión a pagaMos
Se xa estabamos indignados por pagar 2.326,50€ por unha sinal que só costa 348,88€. Inda aumentou máis a nosa indignación cando pedimos un presuposto de só 1 sinal do modelo da foto a Barreras de Seguridade e resulta que a mesma empresa que cobrou ao concello de Mos 2.236,50€ por dita sinal, a nos nola oferta por só 805,67€, Sí, case 3 veces menos.
Hai amizades que nos saen moi caras.
Aquí tes todas as probas: https://goo.gl/58VsCx

#NonVouAoPleno

Vídeo Posted on Actualizado enn

Sempre propuxemos reducir o excesivo gasto dos políticos de Mos e acadar así un aforro anual de alomenos 100.000€ para adicalos ao servizo d@s veciñ@s. Pero a sra. Arévalo, ano trás ano, incrementeu dito gasto chegando a 352.000€ para 2017. Cando se gastan 2.280€ nun innecesario pleno extraordinario, o despilfarro convirtese nunha burla a@s veciñ@s de Mos na que non imos ser cómplices.